ASOCIACIÓN A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
- Presentación
- Demanda de voluntarios
CONTACTO
RÚA DE GARCÍA PRIETO 7, SEMISOTO B
15706 - SANTIAGO DE COMPOSTELA - A CORUÑA
INFORMACIÓN
A MESA pola Normalización Lingüística é unha plataforma independente, plural e apartidaria que ten como único obxectivo a promoción do uso do galego en todos os ámbitos da vida social propios de calquera idioma. O seu papel é o de emprender iniciativas que sensibilicen a poboación e que abran novas vías de uso do noso idioma en distintos ámbitos, así como denunciar todo tipo de agresións e discriminacións que poida sufrir a lingua galega e asegurar que se respecte o seu uso individual e colectivo. O VAL póñeno en marcha a Dirección Xeral de Xuventude e Soliedariedade xunto coa Mesa pola Normalización Lingüística, coa colaboración do Concello de Santiago e a USC.
Ás persoas e ás asociacións que queiran contribuír á valorización positiva da nosa cultura, ás persoas que queiran aprender máis sobre Galiza e a nosa lingua e tamén a aquelas que sintan a necesidade de aprender máis sobre outros países e culturas. O único requisito para participaren é seren maiores de 18 anos. No caso das persoas voluntarias, ademais, deberán ter unha boa expresión en galego.