
ASOCIACIÓN DE DANO CEREBRAL DE COMPOSTELA, SARELA
- Presentación
- Demanda de voluntarios
CONTACTO
Rúa Pedro Cabezas González, 3, baixo
15702 - Santiago de Compostela - A CORUÑA
INFORMACIÓN
A Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela é unha entidade sen ánimo de lucro formada por persoas con dano cerebral adquirido, familiares e persoas socias colaboradoras. Constituíuse en decembro do ano 2000. Formouse para reivindicar conxuntamente os dereitos de todas as persoas con dano cerebral adquirido da área sanitaria de Santiago de Compostela e fomentar a súa unión. Sarela ten como obxetivo xeral ou misión a de mellorar a calidade de vida das persoas con dano cerebral adquirido e a das súas familias. Nesta ligazón hai máis información sobre o Voluntariado en Sarela.
Persoas con Dano Cerebral Adquirido (traumatismos cranioencefálicos, accidentes cerebrovasculares -ictus-, tumores cerebrais, e outras causas), ás súas familias e a persoas sensibilizadas. En SARELA contamos cos seguintes servizos e programas: - Servizo de Atención Especializada - Servizo de Atención Diúrna Ocupacional - Servizo de Atención Diúrna Terapéutica - Programa de Información, Orientación e Apoio a familias - Programa de Sensibilización e Prevención do DCA - Programa de Voluntariado
Todas aquelas persoas que dun xeito altruísta, desinteresado e solidario, con carácter voluntario e libre queiran colaborar na Entidade, en calquera dos seus servizos e programas (dende o apoio en actividades grupais, ao programa de sensibilización ou comunicación).