ASOCIACIÓN SOLIDARIOS PARA EL DESARROLLO

Representante legal: DAVID ALVAREZ RIVAS
C.I.F: G80111644
Coordinador técnico: MARÍA JESÚS FRANCO VÁZQUEZ

CONTACTO

Enderezo:
CASA DAS ASOCIACIÓNS DE BENESTAR SOCIAL , CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Rúa Manuel María 6 , Planta 2ª 3 Despacho
15705 - SANTIAGO DE COMPOSTELA - A CORUÑA
Teléfono: Móbil: 645 337 303
Fax:
Email: galicia@solidarios.org.es
Nº de voluntarios: 25

INFORMACIÓN

Quen somos:

Solidarios é unha organización da sociedade civil con sede central na Universidade Complutense de Madrid e vinculada a varias universidades no noso Estado e fóra del. O noso obxectivo principal é a loita contra a exclusión social a través de programas con voluntarios sociais en diversas áreas, aos que se dá unha formación adecuada. O voluntario colabora nos proxectos propios que desenvolvemos con grupos ou persoas en situación de exclusión e, algunhas veces, en outras entidades que nos solicitan colaboración para desenvolver os seus programas. As actividades e o día a día dos proxectos os coordinan un equipo de profesionais con diversa formación. Os voluntarios que crean e desenvolven sobre o terreo a acción social da organización son a gran riqueza da organización. Tamén levamos a cabo cooperación ao desenvolvemento en países do Sur, e programas de sensibilización social. A xunta directiva é o órgano no que a asemblea xeral de socios delega a dirección da entidade. Os cargos elixense entre todos os socios, que teñen uns dereitos e uns deberes establecidos. Os socios colaboran cunha cota regular para dotar a Solidarios dos medios adecuados. É unha forma coherente de participar como sociedade civil, responsable e organizada cunha aportación económica, ademais da voluntaria que supón a nosa máis grande riqueza. A colaboración dos socios dá forza e axilidade aos programas sociais ou de cooperación que levamos a cabo, ademais de estabilidade xeral e independencia a unha organización sen ánimo de lucro como Solidarios. SOLIDARIOS tamén ten sede en VIGO: ED. MIRALLES, LOCAL 5 - CAMPUS LAGOAS -MARCOSENDE, 36200 - VIGO ? PONTEVEDRA. Podedes localizarnos no mesmo teléfono

A quen vai dirixida:

● Actividades con persoas maiores: acompañamento a domicilio. ● Actividades en hospitais: acompañamento a pacientes sós, en especial a persoas maiores. ● Actividades de sensibilización e promoción de voluntariado . ● Actividades interxeneracionais. * Programa de saude mental

Quen pode colaborar:

Toda persoa que estea involucrada e concienzada na consecución dunha xustiza social a través da participación organizada da sociedade civil, neste caso a través dunha organización sen ánimo de lucro.

Poboación destinataria segundo segmento de idade
Xuvenil
Adulta
Maior
Poboación destinataria segundo sexo
Mulleres
Homes
Áreas de intervención
Vol. e Inclusión social
Vol. e autonomía persoal
Vol. e cooperación
Vol. ambiental
Vol. cívico
Ámbitos do voluntariado
Entidades de iniciativa social e voluntariado
Educación e voluntariado
Responsabilidade social corporativa