 
ASOCIACIÓN DE DISCAPACITADOS DO CONDADO E PARADANTA, ADAPTA
- Presentación
- Demanda de voluntarios
CONTACTO
Centro Asprodico(baixo), barrio de Canedo s/n.
36860 - PONTEAREAS - PONTEVEDRA
INFORMACIÓN
Adapta ten como misión conseguir a plena inclusion das persoas con discapacidade, en todos os ambitos da sociedade, a través da defensa e promoción dos seus dereitos, da reivindicación do cambio social e da prestación de servizos que satisfagan as súas necesidades e expectativas.
Adapta constituese como unha entidade aberta da que poden formar parte todas as persoas que o soliciten sempre que compartan os principios e fins de Adapta na defensa da plena integración das persoas con discapacidade.
Nos estatutos de Adapta reflexase a figura do socio colaborador, que serán todas aquelas persoas físicas ou xurídicas que desexen colaborar de maneira desinteresada, mediante a súa participación ou mediante achegas económicas. Dende Adapta estamos sempre abertos a aquelas persoas ou iniciativas que desexen colaborar coa nosa entidade.
