ASOCIACIÓN DE DANO CEREBRAR ADQUIRIDO/SOBREVIDO, ADACE-LUGO

Representante legal: MARIA ELENA SALGADO LOPEZ
C.I.F: G27337278
Coordinador técnico: VANESSA MRIÑO ARIAS

CONTACTO

Enderezo:
AVDA. CARLOS AZCARRAGA, 4 - LOCAL B
27003 - LUGO - LUGO
Teléfono: 982 243 503 Móbil: 663085391
Fax: 982 243 503
Email: correo@adacelugo.org
Nº de voluntarios: 1

INFORMACIÓN

Quen somos:

Adace-Lugo é unha asociación sen ánimo de lucro, de ámbito provincial, formada por persoas afectadas de dano cerebral sobrevido (DCS), as súas familias e outros colaboradores. A sede social está situada na cidade de Lugo, tendo alugado un local totalmente accesible e adaptado para persoas con mobilidade reducida, sendo moi amplo, o que permite realizar unha gran variedade de actividades. Os datos de contacto son:  Avda. Carlos Azcárraga, nº4, local B. (27003 Lugo)  Tlf/ Fax: 982.24.3503 e móbil: 663.08.53.91  O correo electrónico é adace.lugo@gmail.com e a páxina web adacelugo.org, que actualmente está en proceso de renovación. ADACE-Lugo constituíuse legalmente o 12 de Xaneiro do ano 2006, completándose así o tecido asociativo de afectados de dano cerebral sobrevido na Comunidade Autónoma galega, sendo o resto de asociacións as seguintes:  SARELA en Santiago de Compostela  ADACECO en A Coruña  ALENTO en Vigo  RENACER en Ourense Estas 4 entidades, xunto coa nosa, co comezo do novo ano, reuníronse na cidade compostelá para por en marcha a federación galega de dano cerebral sobrevido (FEGADACE), constituíndose como tal o día 7 de xullo do 2007. Dita federación xurde por iniciativa das propias asociacións de Galicia ante a demanda social e a falta de recursos específico coa que nos atopamos actualmente na nosa comunidade; sendo tamén a canle de representación dos afectados de Galicia en diversas esferas da vida política, social,?tanto a nivel autonómico coma a nivel nacional. ADACE-Lugo abarca a diversa extensión da provincia de Lugo, tendo a súa sede na cidade amurallada. Desde maio deste ano pertencemos a Federación Española de Dano Cerebral Sobrevido , xunto coas asociacións de Dano Cerebral da nosa Comunidade.

A quen vai dirixida:
Quen pode colaborar:
Poboación destinataria segundo segmento de idade
Xuvenil
Adulta
Poboación destinataria segundo sexo
Mulleres
Homes
Áreas de intervención
Vol. e Inclusión social
Vol. e autonomía persoal
Ámbitos do voluntariado
Entidades de iniciativa social e voluntariado