ASOCIACIÓN DE FAMILIARES DE ENFERMOS DE ALZHEIMER DE CHANTADA

Representante legal: Mª CONCEPCION OTERO ALVAREZ
C.I.F: G27320225
Coordinador técnico: CARMEN FERNANDEZ GRANDIO

CONTACTO

Enderezo:
R/DO PARQUE 9 BAIXO C
27500 - CHANTADA - LUGO
Teléfono: 982-462330 Móbil: 687631766/698151558
Fax: 982-462330
Email: afachantada@gmail.com
Nº de voluntarios: 10

INFORMACIÓN

Quen somos:

Somos unha Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer con ámbito de actuación en toda a comunidade autónoma. As nosas activdades son: a)Atención social: información, asesoramento, tramitación de recursos, acompañamento, etc. b)Servizo de axuda no fogar c)Talleres preventivos de estimulación cognitiva e psicomotriz d)Servizo específico de estimulación Terapéutica para persoas afectadas por unha demencia neurodexenerativa. e)Talleres de respiro para familiares f)Atención individualizada en fisioterapia e psicoloxía, mediante cita previa a coidadores, persoas enfermas ou persoas maiores. g)Formación para familiares e coidadores en xeral. h)Servizo de préstamo e recollida de tecnoloxías de apoio i)Programa de voluntariado j)Programa de difusión e información sobre este tipo de enfermedades e os seus coidados. k)Transporte de usuarios ás actividades. l)Outras actividades que poidan xurdir de cara a paliar as necesidades que se presenten conforme ás disposicións legais.

A quen vai dirixida:

Vai destinado ás persoas maiores que non sufran ningún tipo de demencia ou enfermidades neurodexenerativas e que esté interesada en previr ditas enfermidades, persoas con Alzheimer ou outras demencias neurodexenerativas, coidadores/as, familiares e toda a poboación en xeral.

Quen pode colaborar:

Todo o mundo que esté interesado e acorde ser responsable coas suas funcións.

Poboación destinataria segundo segmento de idade
Adulta
Maior
Poboación destinataria segundo sexo
Mulleres
Homes
Áreas de intervención
Vol. e Inclusión social
Vol. e autonomía persoal
Ámbitos do voluntariado
Entidades de iniciativa social e voluntariado