
FEDERACION GALEGA POLA CULTURA MARITIMA E FLUVIAL, CULTURMAR
- Presentación
- Demanda de voluntarios
CONTACTO
Lg. Baltar, 26 -1 - Castrelo
36639 - CAMBADOS - PONTEVEDRA
INFORMACIÓN
CULTURMAR - Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, nace no ano 1993 ao abeiro dunha xuntanza de embarcacións tradicionais celebrada en Ribeira co obxectivo de defender, divulgar e dinamizar o Patrimonio Marítimo e Fluvial de Galicia,
particularmente as embarcacións tradicionais que o integran.
CULTURMAR ten como principais fins:
• A defensa, conservación e difusión da cultura e do patrimonio dos mares e dos ríos de Galicia así como das súas costas e ribeiras.
• O fomento do uso social e a dinamización do patrimonio marítimo e fluvial.
Entre a súa actividade, destaca o Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia: é a gran festa da cultura marítima e fluvial de Galicia, a actividade máis senlleira da federación, de carácter itinerante e bienal. Á grande exhibición de embarcacións tradicionais representativas do patrimonio marítimo galego, así como doutras zonas xeográficas peninsulares e europeas, acompáñana actos culturais e de lecer, conferencias, exposicións, publicacións, música e danza tradicional, artesanía e outras actividades complementarias dirixidas ao público asistente. O Encontro achega o patrimonio ao gran público, implica a poboación (que aporta de xeito altruista o esforzo organizativo) e o marco natural local, propicia o asociacionismo cultural a prol do patrimonio, fomenta actividades de turismo sostible etc..
Actualmente CULTURMAR está integrada por 43 asociacións de toda a xeografía galega e norte de Portugal, que comparten o traballo de salvagarda do patrimonio marítimo fluvial. Unha importante rede de voluntariado que, de xeito altruista, fan posible a labor de
recuperación e posta en valor da cultura marítimo fluvial de Galicia concienciando á cidadanía da riqueza deste patrimonio e da importancia da súa conservación.
Froito desta labor, Culturmar recibiu no 2015 o PREMIO CULTURA GALEGA 2015 na modalidade de PATRIMONIO, en recoñecemento a un labor de máis de vinte anos a prol da salvagarda do patrimonio marítimo e fluvial de Galicia.
Poboación en xeral