
ASOCIACIÓN CAPACES LUGO, de apoio ás persoas con TEA e Trastornos da comunicación
- Presentación
- Demanda de voluntarios
CONTACTO
Rúa Poeta Curros Enriquez nº 15 entrechán B
27004 - LUGO - LUGO
INFORMACIÓN
A Asociación CAPACES LUGO foi constituída o 30 de setembro de 2013 na cidade de Lugo. É unha asociación sen ánimo de lucro creada para apoiar ás persoas con Trastorno de Espectro Autista (TEA) e trastornos da comunicación (Trastorno Semántico Pragmático, TEL e outros) xa que precisan recursos moi similares no ámbito logopédico e terapéutico. Non consideramos necesario ter un diagnostico definitivo porque cremos que o importante son as persoas e non as etiquetas. Contamos cun amplo elenco de profesionais autónomos que traballan de xeito individualizado co rapaz ou rapaza atendendo as súas necesidades persoais. Cada neno ou adolescente é único, e por iso mesmo o xeito de traballar con eles tamén ten que ser distinto para cada un. Buscamos mellorar a súa calidade de vida e a plena inclusión na comunidade. O noso ámbito é provincial. Somos membros da FEDERACION AUTISMO GALICIA. Estamos inscritos no: - Rexistro Provincial de Asociacións co numero 2013/17935. - Rexistro Municipal de Asociacións de Lugo co numero 608. - Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos da Xunta de Galicia co numero E-5988.
A nenos/as e adolescentes con trastornos do espectro autista ou con trastornos de comunicación.
Calquera que teña ganas de axudar e sentirse útil, non é necesaria experiencia previa, nin titulación especifica sobre autismo, nós encargamonos de dar formación a quen se presente como voluntario. Todos sodes benvidos!!