ASOCIACIÓN AUTISMO BATA

Representante legal: MARIO TRIGO HOMBRE
C.I.F: G36105567
Coordinador técnico:

CONTACTO

Enderezo:
RUA MOREIRA, 16 - A LAXE
36613 - VILAGARCIA DE AROUSA - PONTEVEDRA
Teléfono: 986909982 Móbil:
Fax:
Email: bata@autismobata.com
Nº de voluntarios: 11

INFORMACIÓN

Quen somos:

Autismo Bata formámola persoas comprometidas que xeran oportunidades e apoios para outras persoas, que promoven a inclusión para a consecución dunha plena calidade de vida, que acomodan o deseño e a adaptación de contornas que faciliten a comprensión e a comunicación, que desenvolven intervencións eficaces axustadas ás capacidades, necesidades, expectativas e intereses de cada persoa, valorando tanto os seus puntos fortes comos os apoios e recursos que necesita, onde os pequenos cambios xeran grandes momentos que constrúen sorrisos, onde se enfatiza o importante do cotián... en definitiva, centrados na boa vida das persoas e en apoios para a cidadanía de pleno dereito. Todas as actividades principais  desénvolvense na contorna de Vilagarcía de Arousa (Comarca do Salnés).

Somos unha organización sen ánimo de lucro fundada en febreiro de 1989 que desenvolve servizos e programas orientados ás persoas con T.E.A. (trastornos do espectro autista) e as súas familias, desde o compromiso pola mellora continua e a calidade total.
A súa misión é “ofrecer servizos e apoios para mellorar a calidade de vida das persoas con T.E.A. e as súas familias”, desde unha visión “centrada na persoa” e a través de accións que promovan, entre outras:


•    A inclusión sociolaboral das persoas.
•    O desenvolvemento de programas individualizados baseados en capacidades.
•    A participación das familias no desenvolvemento dos obxectivos dos clientes.
•    A formación e o desenvolvemento profesional dos traballadores.
•    O traballo en equipo a través da comunicación e coordinación entre os profesionais da asociación.

Constitúese o 8 de Febreiro de 1989, rexistrando os seus Estatutos no Goberno Civil de Pontevedra o 21 de marzo do mesmo ano. Está inscrita no Rexistro Provincial de Asociacións de Pontevedra co número 1.868. Foi declarada asociación de utilidade pública segundo Orde Ministerial do Ministerio do Interior de data 8 de xaneiro de 1999, e rexistrada co número 85.215 da sección 1ª no Rexistro Nacional de Entidades, e no Rexistro de Entidades prestadoras de Servizos Sociais da Consellería de Traballo e Benestar (actualmente Consellería de Política Social) co nº E-219. 
A misión é ofrecer servizos e apoios que proporcionen calidade de vida ás persoas con TEA e/o discapacidade intelectual e outras necesidades de apoio, así como ás súas familias. 

Os fins da asociación son

  • Defender os dereitos das persoas con TEA e/o discapacidade intelectual e outras necesidades de apoio. 
  • Crear, desenvolver e xestionar servizos de calidade que proporcionen apoio ás familias das persoas con TEA e/o discapacidade intelectual e outras necesidades de apoio. 
  •  Buscar os recursos necesarios para o mantemento dos servizos. 
  • Levar a cabo cantas iniciativas sexan necesarias para a normalización educativa, social e laboral das persoas con TEA e/o discapacidade intelectual e outras necesidades de apoio. 
  • Promover o desenvolvemento de programas e actividades encamiñadas ao intercambio de coñecementos e metodoloxía con outros colectivos. 
  • Promover, xestionar e formar ao voluntariado. 
  • Deseñar, ofrecer e xestionar programas de formación para profesionais e familias. 
  • Calquera outro que, de modo directo ou indirecto, poida contribuír ao cumprimento da misión da asociación ou redundar en beneficio das persoas con TEA e/o discapacidade intelectual e outras necesidades de apoio. 
A quen vai dirixida:

Ás persoas con T.E.A. e as súas familias.

Quen pode colaborar:

Dende o ámbito do voluntariado, calquera persoa que:

  • TEÑA EMPATÍA E MOTIVACIÓN
  • QUEIRA ADQUIRIR COMPROMISO CAS PERSOAS
  • MOSTRE CONFIDENCIALIDADE E DISCRECIÓN
  • FOMENTE A AUTONOMÍA E INCLUSIÓN

Se conectas con estes valores e queres colaborar como voluntario/a en Autismo Bata entra na nosa páxina web e rexístrate.

Áreas de intervención
Vol. e Inclusión social
Vol. e autonomía persoal