ASOCIACIÓN ECODESARROLLO GAIA

Representante legal: GUILLERMO FERNANDEZ-OBANZA GARCIA
C.I.F: G15507171
Coordinador técnico: María Barba Barreiro

CONTACTO

Enderezo:
RUA ANTONIO PEREIRA, 3 BAIXO
15007 - A CORUÑA - A CORUÑA
Teléfono: 881898861 Móbil: 629817581
Fax: 881898861
Email: edginforma@gmail.com
Nº de voluntarios: 25

INFORMACIÓN

Quen somos:

Ecodesarrollo Gaia é unha ONG nacida en 1992 ao amparo da Conferencia das Nacións Unidas CNUMAD Río-1992, que debe o seu nome á acepción da palabra grega ?Nai Terra?. Participou no Comité Consultivo da Comisión de Pesca da UE en Bruselas a través da ICSF-CIAPA ?Colectivo Internacional en Apoio á Pesca Artesanal?e CFFA-CAPE ?Coalición por Acordos Pesqueiros Equitativos?coas que mantén relación de coordinación permanente e con ONG´s ecoloxistas, sociais, culturais e de defensa dos Dereitos Humanos a nivel español e internacional. Colaborou en Kenia co Movimiento Green Belt e a sua lideresa, a Dra. Wangari Maaathai, Premio Nobel da Paz en 2004. Leva a cabo os seus proxectos dende unha perspectiva solidaria, democrática e independente dende un punto de vista tanto político como relixioso, poñendo todos os seus esforzos na integración positiva e o benestar da poboación estranxeira da cidade de A Coruña e área metropolitana.

A quen vai dirixida:

A ONG conta con varios servizos específicos que cobren as áreas de educación, infancia e xuventude, muller, atención alimenticia, sensibilización e cooperación ao desenvolvemento, que dan cobertura a persoas de máis de 72 nacionalidades. Como entidade de acción social, independente, Ecodesarrollo Gaia ONG asume a sua responsabilidade levando a cabo o seu traballo diario de maneira transversal a todas as actividades e en todos os seus servizos con aspectos como a integración positiva, a paz e non-violencia, a igualdade de xénero e a sostenibilidade ambiental.

Quen pode colaborar:

Poden colaborar todas aquelas persoas que estén interesadas en traballar co colectivo inmigrante, con ganas de aprender de outras culturas e maneiras de vivir, sobre todo persoas que lles guste traballar con infancia e xuventude ou con persoas adultas no ámbito da educación-formación.

Poboación destinataria segundo segmento de idade
Infantil
Xuvenil
Adulta
Poboación destinataria segundo sexo
Mulleres
Homes
Áreas de intervención
Vol. e Inclusión social
Vol. e infancia
Vol. e cooperación
Vol. ambiental
Vol. cívico
Ámbitos do voluntariado
Entidades de iniciativa social e voluntariado
Educación e voluntariado