ASOCIACIÓN ANDAINA PRO SAÚDE MENTAL

Representante legal: MARIA LUISA NEIRA SOUTO
C.I.F: G70264999
Coordinador técnico: CRISTINA CANOSA

CONTACTO

Enderezo:
RUA EMILIA PARDO BAZAN, 14 BAIXO
15860 - ORDES - A CORUÑA
Teléfono: 981076405 Móbil: 698149915
Fax:
Email: administracion@andainapsm.org
Nº de voluntarios: 18

INFORMACIÓN

Quen somos:

Andaina Pro Saúde Mental é unha asociación sen ánimo de lucro formada por persoas con problemas de saúde mental e familiares, así como por un grupo de profesionais con experiencia no eido da saúde mental. Andaina PSM naceu no ano 2010 para cubrir o baleiro que existe na atención global a persoas con problemas de saúde mental en zonas rurais. Para iso contamos con dous Centros de Rehabilitación Psicosocial-Laboral en Dodro e Ordes.

A quen vai dirixida:

O noso propósito é prestar apoio ás persoas con problemas de saúde mental, a familiares e achegadas, fomentando a súa autonomía e dando sentido ao seu desenvolvemento cotiá. Para iso, apostamos por unha vida activa a nivel físico, social e laboral, da que as persoas con problemas de saúde mental son co-responsábeis. Procuramos a mellora da calidade de vida das persoas coas que traballamos e loitamos pola defensa dos seus dereitos.

Quen pode colaborar:

Toda persoa que queira contribuír a unha mellora na calidade de vida e oportunidades para as persoas que ven a súa saúde mental afectada así como achegarse ás súas realidades obtendo unha importante aprendizaxe e concienciación no eido. A saúde mental é cousa de todas.

Poboación destinataria segundo segmento de idade
Xuvenil
Adulta
Áreas de intervención
Vol. e Inclusión social
Ámbitos do voluntariado
Entidades de iniciativa social e voluntariado