
FEDERACIÓN ASDE-SCOUTS DE GALICIA
- Presentación
- Demanda de voluntarios
CONTACTO
RUA CONSTITUCIÓN Nº15, ENTRECHAN Nº4 O GRAXAL
15679 - CAMBRE - A CORUÑA
INFORMACIÓN
ASDE – Scouts de Galicia, é unha Organización Non Gobernamental para o Desenvolvemento sen ánimo de lucro, independente e plural.
Apoiada por adultos voluntarios (scouters) convintemente formados, ten carácter educativo – formativo no tempo libre infantil e xuvenil.
ASDE – Scouts de Galicia, favorece o desenvolvemento do escultismo en Galicia, a través de programas educativos nos ámbitos da educación para a paz e o desenvolvemento; a igualdade de oportunidades, a integración e a inserción laboral; a educación medioambiental; o consumo responsable e o uso axeitado das novas tecnoloxías e a educación viaria. Todos eles dende a perspectiva da educación non formal.
ASDE-Scouts de Galicia forma parte da “Federación de Asociaciones de Scouts de España (ASDE)” e a través desta á “Federación de Escultismo en España (FEE)” e á “Organización Mundial do Movemento Scout” (OMMS).
Pertencemos ao Movemento Scout Mundial máis de 40 millóns de persoas, entre nenos e nenas, mozos e mozas e adultos, homes e mulleres, repartidos en 162 Organizacións Scouts Nacionais que comparten un mesmo sistema de valores a través da Promesa e a Lei Scout.
A nosa MISIÓN:
Contribuír á educación e o desenvolvemento das persoas, principalmente durante a infancia, a adolescencia e a mocidade, a través dun sistema de valores baseado na Promesa e a Lei Scout, para axudar a construír un mundo mellor. Tamén buscamos que as persoas crezan cunhas capacidades que lles permitan desenvolverse como adultas cun nivel de autonomía e liderado amplos, ao obxecto de contribuír a crear un mundo máis xusto, equitativo e feliz.Esto conséguese:
- involucrándoas ao longo dos seus anos de formación, nun proceso de educación non formal.
- utilizando un método específico que fai de cada Scout, o principal axente do seu desenrolo como persoa autosuficiente, solidaria, responsable e comprometida.
- axudándoas a establecer un sistema de valores baseado nos principios espirituais, sociais e persoais expresados na Promesa e na Lei Scout.
- fomentando a participación social, implicación e cooperación en accións de voluntariado.
A nosa VISIÓN:
Vemos a ASDE – Scouts de Galicia como un movemento global que contribúe realmente, á creación dun mundo mellor. Dinámico e innovador con recursos adecuados, de estruturas sinxelas e un proceso de decisión democrático onde a organización, a administración e a comunicación son efectivas a todos os niveis.
Entendemos que debemos estar liderando a proposta de voluntariado no tempo libre, como un movemento que inflúe nos valores educativos, con maior presenza, implicación, compromiso social e capacidade de denuncia, mantendo sempre os nosos principios Scouts e aquelo que nos fai diferentes.
Centrado na consecución da súa misión, con xente nova que traballa unida para desenvolver o seu completo potencial, apoiado por persoas adultas comprometidas que desexan e son capaces de levar a cabo o seu papel educativo.
Presente en todos os sectores da sociedade, pero principalmente no terceiro sector, sendo unha organización de servizos, independente, autónoma, comprometida co cambio social, desenvolvendo a formación dunha persoa íntegra.
Ofrecendo un programa educativo sinxelo, simplificado e transferible a todos os sectores sociais e transmitindo nas súas accións, os valores Scouts cos que educa a os seus membros.
Todas as actividades de ASDE – Scouts de Galicia son levadas a cabo por adultos voluntarios/as .
Se…
- Tes máis de 21 anos
- Queres coñecer o scoutismo
- Necesitas facer as túas prácticas de monitor ou director de tempo libre
- Te interesa a educación non formal
- ….
A continuación tes as funcións básicas que debes realizar ademais de calquera outra que xurda do teu compromiso e dos proxectos en marcha dentro do Grupo:
- Organizar, realizar e avaliar as actividades da sección educativa.
- Realizar un seguimento individual da progresión de cada educando.
- Trasladar a realidade da sección ao resto de membros do Consello de Grupo.
- Relacionarte coas familias dos educandos nun clima de confianza e colaboración.
- Dar exemplo de vivencia do Espírito Scout na sección e o grupo.
- Formarte para ofrecer a máxima calidade no teu labor educativo.
…podes unirte a nós como voluntario/a a través dun dos nosos grupos scouts. Esperámoste!