ASOCIACIÓN GRUPO SCOUT CHAN - 292

Representante legal: Laura Morales Rodríguez
C.I.F: G70250428
Coordinador técnico: Pedro Sánchez Uzal

CONTACTO

Enderezo:
Rúa Boiro, 12 baixo A
15705 - SANTIAGO DE COMPOSTELA - A CORUÑA
Teléfono: Móbil: +34 663 66 32 32
Fax:
Email: gruposcoutchan292@gmail.com
Nº de voluntarios: 25

INFORMACIÓN

Quen somos:

O GRUPO SCOUT CHAN 292 é unha asociación do eido educativo non formal ao servizo da infancia e a mocidade, orientado por voluntarios/as adultos comprometidos, que ten como finalidade contribuír á educación integral das persoas. Potenciamos nos nenos/as e mozos/as o sentido da responsabilidade, liberdade, espírito crítico e de servizo, segundo o método scout que está baseado nun sistema de autoeducación progresiva enmarcado nas eleccións persoais feitas libremente e vividas con coherencia. Buscamos que as persoas, a través dos valores, medren cunhas capacidades que lles permitan desenvolverse con autonomía e compromiso, co obxecto de contribuír a construír un mundo máis xusto, equitativo e feliz. Isto o acadamos involucrando aos nenos/as e mozos/as no Grupo nun proceso de educación non formal, complementario á familia e á escola, utilizando un método específico que fai de cada Scout o principal axente do seu desenvolvemento como persoa autosuficiente, solidaria, responsable e comprometida; axudándoo a atopar o seu sistema de valores baseado en principios éticos, sociais e persoais e fomentando a participación. Os nosos piares básicos para a educación en valores baséanse en: Educar na liberdade, na xustiza, na igualdade, na solidariedade e na responsabilidade persoal e social, no marco da convivencia, o respecto e o servizo. Promover aqueles valores éticos inherentes á persoa, que axuden a superar o individualismo e o materialismo, e favorezan a formación da personalidade. Espertar o espírito crítico, transformador e participativo, respectando a liberdade persoal e promovendo hábitos de vida saudables, que permitan analizar as ideas e opcións que a sociedade presenta para poder elixir con coherencia. Impulsar a comprensión e o desenvolvemento na nosa sociedade, promovendo a interacción e a defensa do medio ambiente e estimulando accións de cooperación e servizo aos demais. Podedes ampliar a información sobre a nosa Asociación nos seguintes enlaces: https://www.instagram.com/gschan292/ e https://m.facebook.com/GrupoScoutChan292 (do propio Grupo) * www.scoutsdegalicia.org (ASDE Scouts de Galicia) * www.scout.es (Scouts de España) * www.scoutsfee.es (Asociación de Escultismo en España) * www.scout.org (World Organization of the Scout Movement).

A quen vai dirixida:

Nenos e nenas de 8 a 14 anos e mozos e mozas de 15 a 20 anos.

Voluntarios/as de 21 anos en diante.

Quen pode colaborar:

Persoas maiores de 21 anos que teñan dispoñibilidade principalmente os sábados pola tarde, que lles guste a natureza e facer actividades con nenos/as e mozos/as.

Poboación destinataria segundo segmento de idade
Infantil
Xuvenil
Áreas de intervención
Vol. e infancia
Ámbitos do voluntariado
Entidades de iniciativa social e voluntariado
Educación e voluntariado