 
Fundación Grandes Amigos en Acción
- Presentación
- Demanda de voluntarios
CONTACTO
Rúa Ferrería, 33 - baixo
36202 - VIGO - PONTEVEDRA
INFORMACIÓN
Grandes Amigos é unha organización de voluntariado, sen ánimo de lucro, que ten como fin principal mellorar a calidade de vida e o benestar das persoas maiores en situación de illamento e/o soidade a través da acción voluntaria. A misión da entidade é traballar para ofrecer compañía, afecto e amizade ás persoas maiores que poidan verse nunha situación de soidade non desexada. Así, desde Grandes Amigos buscamos que as persoas maiores poidan envellecer con dignidade e gozando plenamente de relacións afectivas baseadas na igualdade e o respecto mutuo.
Os programas da entidade están dirixidos a persoas maiores de 65 anos que sofren situacións de soidade non desexada, illamento social, fraxilidade física e vulnerabilidade social. Tamén persoas maiores que a pesar de ter unha rede social, os seus referentes están sobrecargados e/o non teñen boa relación con eles. Exclúense dos programas aquelas persoas maiores que presenten unha deterioración cognitiva grave.
Persoas maiores de 18 anos
