ASOCIACIÓN DIOCESANA DE ESCUTISMO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA-SCOUTS GALICIA

Representante legal: JOSÉ MARÍA SANTOS RODRÍGUEZ
C.I.F: G15065451
Coordinador técnico:

CONTACTO

Enderezo:
R/ ANTONIO NOCHE LÓPEZ Nº7 ENTREPL.
15010 - A CORUÑA - A CORUÑA
Teléfono: Móbil: 679256405 // 627004632
Fax:
Email: adesantiago@scoutsgalicia.org
Nº de voluntarios: 61

INFORMACIÓN

Quen somos:

A A.D.E ten como obxecto contribuir ao pleno desenvolvemento integral e coeducativo dos nenos, nenas, mozos e mozas, facendo posible unha realización plena das súas posibilidades físicas, itelectuais, sociais e espirituais, para dar á sociedade cidadáns conscientes, compremetidos e responsables mediante a metodoloxía e espírito do escutismo

A quen vai dirixida:

A nenos, nenas, mozos e mozas de entre 8 e 18 anos de idade.

Quen pode colaborar:

Calquera persoa maior de idade pode colaborar con nós ofrecendo o seu tempo libre na organización e execución das actividades semanais, acampadas, excursións, etc. Tan só fai falta ser maior de idade e ter o certificado de ausencia de delitos de natureza sexual. A Federación de Scouts de Galicia ten unha esscola de tempo libre (Escola de Lecer Nordesía) na que se pode facer o curso de monitor e de director de tempo libre, con posibilidade de facer as prácticas nas actividades semanais ou campamento de verán nalgún dos nosos grupos. A nosa asociación ten 3 grupos na cidade de A Coruña: o Grupo Scout Nyeri no barrio de Monte Alto, o Grupo Scout Stoas no barrio de O Ventorrillo e o Grupo Scout Ahadi no barrio de Os Rosales; ten tamén un grupo na vila de Sada: o Grupo Scout Ronsel e dous grupos máis na cidade de Santiago de Compostela: o Grupo Scout Khanhiwara no Centro Xuvenil Don Bosco e o Grupo Scout Tau no convento dos Franciscanos. De modo que se te atrae o voluntariado, gústache traballar con rapaces e rapazas, coñecer xente, facer actividades ó aire libre, queres facer o curso e/ou as prácticas de monitor ou director de tempo libre tan só tes que ponerte en contacto con nós ben no número de teléfono 679256405 (Chema), no teléfono 627004632 (David) ou no correo electrónico adesantiago@scoutsgalicia.org Tamén podes contactarnos en facebook: https://www.facebook.com/scoutssantiago/ Nós poñerémosche en contacto co grupo scout que máis se adapte as túas necesidades.

Poboación destinataria segundo segmento de idade
Infantil
Xuvenil
Adulta
Poboación destinataria segundo sexo
Mulleres
Homes
Áreas de intervención
Vol. e Inclusión social
Vol. e infancia
Vol. e cooperación
Vol. ambiental
Vol. cívico
Ámbitos do voluntariado
Entidades de iniciativa social e voluntariado
Educación e voluntariado
Responsabilidade social corporativa