SIMBIOSE

Representante legal: Leticia Santaballa Santos
C.I.F: G70592985
Coordinador técnico:

CONTACTO

Enderezo:
Rúa San Antonio, 12 - 3º
15002 - A Coruña - A CORUÑA
Teléfono: Móbil: 600364061
Fax:
Email: administracion@asociacionsimbiose.org
Nº de voluntarios: 19

INFORMACIÓN

Quen somos:

Somos Simbiose, unha plataforma de voluntariado e participación, que promove o ocio solidario como forma transformar o mundo. O noso xeito de traballar baséase  nun formato innovador, corresponsable, que se interesa principalmente pola participación daquelas persoas menos implicadas e a promoción de novas experiencias de aprendizaxe comunitario, creando lazos entre a poboación civil e as distintas entidades sociais e/ou ambientais da nosa cidade.

Estas novas experiencias consisten na realización de accións sociais ou ambientais de maneira atractiva e variada que contan sempre con catro características básicas: puntuais, colectivas, curtas y accesibles. Esta idea inspírase noutras redes similares xa existentes noutros países como Empower Nantes, Hands On Amsterdam, etc., pero se ten adptado ó noso territorio e particularidades. 


A sua finalidade esencial é fomentar alternativas e espazos de disfrute que sexan complementarias aos modelos de voluntariado convencionais, eliminando así as barreiras que dificultan a participación e o voluntariado social /ou ambiental da poboación en xeral, e en particular dos/das xoves e os colectivos minorizados.

A quen vai dirixida:

Simbiose diríxese a toda a cidadanía, en especial aos colectivos tradicionamente menos implicados (xuventude, persoas en risco de exclusión social, etc.), pero tamén, a todas aquelas persoas dispostas a desfrutar ó mesmo tempo que colaboran coa súa comunidade, e apoian ás entidades/grupos do traballo que fan da cidade un lugar mellor, máis habitable.

Quen pode colaborar:

Calquera persoa! Non existen requisitos nin é necesaria formación previa para a participación en accións simbiosiñas, xa que están deseñadas para que todo o mundo as poida levar a cabo.

Para colaborar so é necesario revisar o calendario da páxina web e elixir a actividade que mellor encaixa cos intereses e gustos de cada persoa.

Poboación destinataria segundo segmento de idade
Xuvenil
Adulta
Maior
Poboación destinataria segundo sexo
Mulleres
Homes
Áreas de intervención
Vol. e Inclusión social
Vol. e cooperación
Vol. ambiental
Ámbitos do voluntariado
Entidades de iniciativa social e voluntariado