ASOCIACIÓN A CHAVELLA DE COROTO

Representante legal: Rafael Fernández Díaz
C.I.F: G27512730
Coordinador técnico:

CONTACTO

Enderezo:
Lugar de Coroto, 6 Santiago de Martin
27276 - Baleira - LUGO
Teléfono: Móbil: 656268013
Fax:
Email: asociacionachavella@gmail.com
Nº de voluntarios: 5

INFORMACIÓN

Quen somos:

Manuel María, poeta lucense da Terra Chá, escribiu no ano 1954 un famoso poema, popularizado en versión canción, que comezaba deste xeito: Non canta na Chá ninguén. Por eso o meu carro canta. Canta o seu eixo tan ben, que a señardade me espanta

Uns versos sobre o noso carro galego que, sen dúbida, despertan o cariño e a morriña naqueles que coñeceron a vida campesiña en plenitude, aqueles tempos nos que as aldeas estaban cheas de xente. Hoxe, o característico canto daquel carro, o que producía o seu eixo de madeira, xa fai moitos anos que non sona na nosa Parroquia. Aquel carro que, construido coa madeira das árbores que medraban xunto os camiños polos que transitaba, que acompañaba ós nosos avós nos seus duros traballos no campo, reposa hoxe esquecido (cuando non destruído) nalgún lugar perdido das nosas casas, a cuxo sostemento un día axudou, e que agora, como vivo retrato da nosa Parroquia na actualidade (envellecida e despoboada), limitase a contemplar o futuro con ollos distantes, mentras no noso cementerio parroquial descansan aqueles homes e mulleres cos que compartiu ledicias e tristuras, días de sembra, sega e demais traballos agrícolas propias dunha economía de subsistencia á que todos eles estaban unidos.

Sabemos que a historia, os feitos e vivencias dun pobo a forxan o conxunto dos seus habitantes, mais cada vez que unha desas persoas morre, desaparece con elas unha parte da historia desa aldea, e xa co paso dos anos so fica o esquecemento e o silencio. Por iso, chegou o momento de que ese carro cante de novo. E que ese amor que lle profesamos a nosa terra, esa débeda que temos para cos nosos devanceiros, foi a razón que explica o nacemento desta Asociación A Chavella, chamada como esa sinxela peza de madeira que colocada nun furado na parte anterior da cabezalla, mantén unidos o carro e o xugo das vacas, e quere simbolizar a ligazón entre o noso pasado e o noso presente. Unha asociación sen ánimo de lucro, independente de calquer tipo de grupo político, e cuxa principal finalidade é a defensa do noso patrimonio cultural e medioambiental, e concienciar ós poderes públicos e os moradores da nosa Parroquia, e a ciudadanía en xeral, de que temos a obriga de manter, conservar e mellorar este legado que herdamos e de transmiti-lo nas mellores condicións as xeracións futuras. E que esta asociación sirva tamén como voceiro e instrumento ó servizo da mellora da nosa Parroquia, para defende-los dereitos e intereses de tódolos nosos veciños actuais e futuros, e poida contribuír o seu desenvolvemento integral.

A quen vai dirixida:

A todos aqueles que acepten e compartan os FINS PRINCIPAIS da nosa Asociación, e que son: 

  • Defender e incluso recuperar o patrimonio natural, cultural, material e inmaterial da Parroquia de Santiago de Martin e a súa comarca.
  • Defender os intereses comúns e colectivos dos veciños actuáis e futuros da Parroquia de Santiago de Martin.
  • Acadar unha postura constructiva e crítica diante dos problemas da nosa Parroquia e a súa comarca, ademais de promover melloras e solucións.
  • Concienciar da importancia da conservación do patrimonio natural e cultural galego e, en particular, da propia Parroquia de Santiago de Martin.
  • Potenciar e promover o valor e interese histórico, natural, cultural e turístico da Parroquia de Santiago de Martin.
  • Fomentar a conservación e sostenibilidade das especies forestais autóctonas.
  • Facer actividades de ocio saudable e de apoio mutuo, de cara a mellorar o actual modelo de desenvolvemento rural.
  • Apoiar a divulgación, formación e didáctica relacionada coa cultura galega e, en particular, da Parroquia de Santiago de Martin.
  • Reclamar dos poderes públicos que promovan o desenvolvemento rural e a modernización dos servicios e demais asuntos comunitarios da Parroquia de Santiago de Martin en tódalas súas manifestacións.
  • Colaborar con outras asociacións, sempre que esa colaboración estea de acordó cos fins desta asociación, contribuindo a desenvolver a labor asociativa.
  • Difundir, tanto en medios de comunicación coma redes sociais, as distintas actividades e accións empredidas pola asociación.
  • Converterse en  punto  de encontro da veciñanza da Parroquia de Martin no tocante ós puntos anteriores.
Quen pode colaborar:

Xóvenes-Adultos-Maiores

ACTIVIDADES 

 Creación de espazos físicos que sirvan no so de encontro arredor do ocio saudable, de compartir experiencias e apoio mutuo, senón tamén para promover e poñer en valor todo o potencial natural, histórico, cultural e turístico da nosa parroquia.

 

 Creación dun fondo documental, etnográfico e fotográfico sobre a Parroquia de Santiago de Martin, da súa cultura e a súa historia.

 Organización de concertos, festivais, concursos, certames, xuntanzas gastronómicas, exposicións, actividades deportivas, excavacións arqueolóxicas, campamentos, campos de traballo, etc.

 Organización de excursións, para a aprendizaxe, estudio e divulgación de distintos aspectos naturais e/ou culturais.

 Organización de cursos, xornadas, seminarios, conferencias, talleres, etc., arredor da natureza e a cultura galega.

 Elaboración e edición de materias informativos e formativos tanto impresos como dixitais (folletos, carteis, guías, páxina web, perfís en redes sociais, …).

 Fomento das relacións de colaboración con entidades públicas e privadas e organizacións non lucrativas que permitan un mellor cumprimento dos fins da asociación.

Poboación destinataria segundo segmento de idade
Xuvenil
Adulta
Maior
Poboación destinataria segundo sexo
Mulleres
Homes
Áreas de intervención
Vol. e cooperación
Vol. ambiental
Ámbitos do voluntariado
Educación e voluntariado