Asociación Movimiento por la Paz, el Desarme y la Libertad, MPDL
- Presentación
- Demanda de voluntarios
CONTACTO
Rúa Lisboa nº 2 - baixo
15707 - Santiago de Compostela - A CORUÑA
INFORMACIÓN
Somos unha ONG independente e laica, nacida en 1983, dedicada a promover os valores de xustiza social, igualdade e cultura de paz no ámbito social. Contamos con 14 delegacións en España e
actuamos en 11 países e territorios no ámbito internacional.
Na delegación do Movemento pola Paz de Galicia traballamos en varias liñas:
- Acción Social enfocada a traballar con poboación vulnerable, migración, refuxio e xénero, en particular, con proxectos de protección internacional, asesorías xurídica e laboral a persoas migrantes e proxectos centrados na prevención e atención á violencia contra as mulleres.
- Cooperación Internacional. Estamos presentes en 11 países onde desenvolvemos proxectos de defensa dos dereitos humanos, fortalecemento de organizacións da sociedade civil, acceso a servicios básicos, e construcción de paz.
- Educación para a paz. Traballamos para impulsar un modelo de escola no que a convivencia pacífica sexa unha realidade, mediante a participación de toda a comunidade educativa na posta en marcha de iniciativas que sirvan para facer dos centros de ensino espazos de convivencia baseados na Cultura de Paz.
- Voluntariado. Apostamos por un voluntariado transformador, porque cremos que un mundo máis xusto, pacífico e humano é posible. O obxectivo do Plan de Voluntariado é dar resposta organizada e coordinada ao conxunto de persoas que libremente se adscriben á nosa organización para a realización, en beneficio da comunidade, de tarefas voluntarias de carácter social.
A acción voluntaria do MPDL diríxese ás persoas físicas e os grupos ou comunidades, tanto no ámbito nacional como no internacional, para os que o desenvolvemento dunha actividade de voluntariado represente unha mellora na súa calidade de vida, xa sexa a través do recoñecemento ou defensa dos seus dereitos, a satisfacción das súas necesidades, o acceso á cultura, a mellora da súa contorna ou a súa promoción e inclusión social. Non poderán ser discriminados por razón de nacionalidade, orixe racial ou étnica, relixión, conviccións ideolóxicas ou sindicais, enfermidadd, discapacidade, idade, sexo, identidade sexual, orientación sexual, ou calquera outra condición ou circunstancia persoal o social.
No Movemento pola Paz tentamos dar resposta e canalizar o maior número de demandas de voluntariado posible. Por ese motivo desenvolvemos distintas vías de participación que poden adaptarse ás circunstancias e expectativas das persoas. Prácticamente na totalidade dos departamentos e áreas de traballo do Movemento pola Paz participan persoas voluntarias desenvolvendo distintas actividades:
Voluntariado Presencial:
Departamento de Acción Internacional: voluntariado en sedes españolas.
No Departamento de Acción Internacional os voluntarios e voluntarias poden colaborar na formulación, seguemento e avaliación dos proxectos que a organización desenvolve noutros países. Ademáis, poden participar e apoiar na elaboración de estratexias país ou posicionamentos da organización en relación a distintas situacións internacionais desde a nosa sede en España.
Departamento de Acción social:
Trátase dun voluntariado, maioritariamente, de intervención social nas distintas áreas de traballo da organización: Inmigración, Asesoría Xurídica, Acollida humanitaria, Refuxio e Asilo, Programa de atención a presos españois no estranxeiro, Inserción Socio-laboral, educación en valores e educación para a paz con menores, Dereitos das mulleres.
Departamento de Movilización Social:
Apoio en campañas de movilización, organización de eventos, comunicación, captación de fondos privados, sensibilización, redes sociais e web, teatro social, incidencia a través de grupos de traballo, colaboración na edición de publicacións da organización, etc.
Voluntariado Internacional:
Desde hai algúns anos vimos levando a cabo distintas experiencias de voluntariado nos países nos que temos presenza con proxectos de Cooperación ao Desenvolvemento e Acción Humanitaria. Por este motivo, puxemos en marcha un Programa de Voluntariado Internacional que persigue un dobre obxectivo: Por un lado, engadir valor aos nosos proxectos e misións en terreo apoiando os distintos procesos de desenvolvemento a través do voluntariado; e, por outro, brindar oportunidades de aprendizaxe a aquelas persoas que queiran nutrir a súa traxectoria persoal e profesional colaborando no eido da cooperación ao desenvolvemento.
Dado que estamos presentes en 11 países e unha ampla traxectoria en cooperación e acción humanitaria, a nosa intención a futuro é promover máis activamente a estancia de voluntariado en terceiros países. Por iso, apoiamos o Programa Aid Volunteers da Unión Europea.
Voluntariado on line:
A través das TIC,s podemos encontrar multitude de oportunidades para a participación do voluntariado. A Lei de Voluntariado 45/2015 acolle e fomenta novas formas de voluntariado que xurdiron nos últimos anos, e que se traducen na realización de accións concretas sen necesidade de presenza física, a través das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC,s).
Este “voluntariado virtual” permítenos aproveitar a motivación e o talento de persoas expertas en determinados sectores profesionais como telecomunicacións, idiomas e traducción, comunicación e campañas informativas, etc, que poden apoiarnos nos nosos proxectos a distancia.
