 
Asociación Stop Suicidio Galicia
- Presentación
- Demanda de voluntarios
CONTACTO
Rúa Río Ulla, 37 Baixo Esquerda
27004 - Lugo - LUGO
INFORMACIÓN
En Galicia morre por suicidio de 1 a 2 persoas de media ó día o que representa un 11,46% cada 100.000 habitantes só en Galicia. Por cada suicidio consumado hai 20 intentos, mentres en España son 11, un 8,47% cada 100.000 habitantes,. Lugo lidera a taxa nacional cunha porcentaxe real de 17,23% no 2023 (fronte o 15,6% do 2022) por cada 100.000 habitantes, pero no resto de provincias galegas obsérvase un gran e triste índice de suicidios: como en A Coruña, cunha porcentaxe de 10,37% no 2023 fronte o 12,93% do 2022; Pontevedra, 11,50% no 2023 fronte o 11,24% no 2022; e por último, Ourense, cunha preocupante porcentaxe dun 9,20% no 2023 fronte o 10,49% do 2022, o que nos leva a liderar as taxas mesmamente europeas einda que tamén nos gustaría decir dúas cousas, detras de cada taxa e número hai persoas, vítimas e tamén que e moi difícil contabilizar as cifras reais das vítimas de suicidio posto que moitas quedan detrás de mortes accidentais e outras causas de morte que non se pode asegurar a causa da morte.
Stop Suicidio Galicia é unha asociación sen ánimo de lucro, no que o que nos impulsa é o compromiso por salvar vidas dende a información, difusión, prevención, axuda, intervención e posvención no ámbito do suicidio.
Promovemos a importancia de coidar tanto a saúde mental como o contexto social das persoas, aportando todos os datos que amosan a crúa realidade, baseados nos informes que recibimos constantemente do Goberno.
Polo momento, ofrecemos apoio emocional e orientación a través dun servizo terapéutico, social e lúdico, gratuíto e de calidade, xa que contamos con distintos profesionais da saúde mental, social e de distintos sectores, que se centran en abordar este tipo de problemática social, prevención e actuación, fronte á soidade e coa promoción de actividades en conxunto.
● Psicoloxía
● Terapeutas
● Traballadores sociais
● Superviventes
● Voluntariado especializado en distintos sectores
● E amplo espazo de convivenza con talleres de divertimento apto para todos os
públicos como: ciclo de lectura, ioga, risoterapia, teatro de improvisación, taller de debuxo, arte con reciclaxe, coidado da nosa contorna, grupos de axuda mútua, etc.
Toda persoa que queira colaborar nesta loita tan importante, a cal non está contemplada como de verdadeira necesidade xa que "do que non se fala non existe". A propia persoa voluntaria pode propoñer novas actividades ou participar nas que xa se están levando a cabo, sen esquecer que o suicidio é a primeira causa de morte allea. A propia entidade ofrece orientación e formación.
