Entidade

Somosterra Sociedade Cooperativa Galega

Representante legal: Raquel Gómez Villar
C.I.F: F27874528
Coordinador técnico: Raquel Gómez Villar

CONTACTO

Enderezo:
Camiño do Castro, 2 - 3ºC - Panxón
36340 - Nigrán - PONTEVEDRA
Teléfono: Móbil: 667736645
Fax:
Email: cooperativa@somosterra.gal
Nº de voluntarios: 2

INFORMACIÓN

Quen somos:

SomosTerra é unha Cooperativa Galega de Nigrán para a divulgación científica, a formación en sostibilidade e o asesoramento no ámbito ambiental que, a través de actividades, obradoiros e programas de formación e voluntariado, educa e involucra aos diferentes axentes da sociedade poñendo o foco en reducir a súa pegada ecolóxica.

Buscamos a soberanía alimentaria como forma de solventar os problemas ambientais e sociais derivados da situación climática actual, coa creación de hortas, proxectos agroecolóxicos e bosques comestibles.

A quen vai dirixida:

 

Con este proxecto buscamos a dinamización do monte mediante a creación dun bosque comestible coa participación da cidadanía, para fomentar a xestión forestal sostible e a produción alimentaria eficaz e respetuosa co medio.  Buscamos convertir o bosque nun lugar para que a cidadanía pase o seu tempo de lecer, con actividades de educación ambiental e de promoción do patrimonio natural e cultural a través dun programa de inclusión para a formación de colectivos en risco.

Quen pode colaborar:

 

O perfil da persoa voluntaria é de persoas proactivas cunha conciencia social e ecolóxica alta, con iniciativa e disposición a colaborar e participar nas diferentes actividades a realizar e cunha actitude positiva.

Poboación destinataria segundo segmento de idade
Xuvenil
Adulta
Áreas de intervención
Vol. e Inclusión social
Vol. ambiental
Ámbitos do voluntariado
Entidades de iniciativa social e voluntariado