ASOCIACIÓN DE DISCAPACITADOS ACTIVOS A XANELA
- Presentación
- Demanda de voluntarios
CONTACTO
AV DE VILALBA, 6 BAIXO
15320 - AS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ - A CORUÑA
INFORMACIÓN
¿Quenes somos? A Xanela foi creada o día 20 de xuño de 1989 baixo o nome de ?Asociación para a integración do neno diferente?. O obxectivo no momento de crea-la asociación era o de escolarizar ós nenos que presentaban diversas discapacidades. O obxectivo viuse cumprido pero, cando os usuarios remataban a etapa escolar, quedaban nunha situación de desatención. Na procura de solventar esta situación, no mes de xaneiro do ano 2000 créase a actual ? Asociación de Discapacitados Activos A Xanela?, entidade libre e independente, sen ánimo de lucro e de carácter voluntario. A finalidade é coordinar e promover a defensa dos intereses das persoas con discapacidade, có fin de conseguir a máxima atención social á problemática que representan, e á súa integración na sociedade. Os medios que utiliza para a realización dos seus fins son: Fomenta-la unión das persoas con discapacidade facilitándolle os medios para conseguir a súa dignificación e respeto. Intercambio, orientación, e exposición de todo canto afecte á problemática das persoas con discapacidade có fin de conseguir a máxima atención social. Promover iniciativas da capacitación laboral para as persoas con discapacidade. Participar, promocionar e crear iniciativas empresariais que primen a inserción laboral das persoas con discapacidade, en postos de traballo adaptados ás súas capacidades. Promoción, participación e posta en marcha de todas aquelas actividades de carácter cultural que faciliten directa ou indirectamente a inserción social das persoas con discapacidade. Actualmente, a Asociación de Discapacitados Activos A Xanela está formada por máis de 210 socios dos cales 78 son discapacitados, con diversas afeccións como, por exemplo: Esclerosis Múltiple, Lupus Eritematoso Sistemático, Espondilitis Anquilosante, Ataxia de Friedreich, Amputacións, Hemiplexias, afectacións debidas á Meninxite, Parálise Cerebral, Retraso Mental, Hipoacusia, Oligofrenia, etc?
O Plan de Voluntariado da Xanela nace co obxectivo de por en marcha un servizo de voluntariado especializado en persoas con discapacidade, creando unha Rede de Voluntariado de cara a encauzar a participación da sociedade nos asuntos de interese xeral, e máxime en aquelas situacións que redunden na erradicación de situacións de discriminación. Os nosos principais programas son: Acompañamento e apoio ás persoas con discapacidade: dentro e fóra do domicilio, na realización de xestións, actividades de ocio e tempo libre: campamentos de verán, piscina, rehabilitación, cine, teatro, etc..., apoio educativo, transporte adaptado, actividades de apoio a integración sociolaboral, apoio social, apoio emocional, ... Campañas de sensibilización e concienciación en temas de discapacidade Formación: Formación Básica, dirixida a voluntari@s de base. Formación Específica no eido das Persoas con discapacidade dirixida tanto @s voluntari@s como a institucións públicas, asociacións, ONGs, e todos aqueles que nolo demanden. Outros tipo de formación. ¿A quen van dirixidas as nosas accións? As actividades que realizamos están dirixidas principalmente ás persoas con discapacidade, as súas familias e ó conxunto da poboación en xeral.
¿Quen pode colaborar con nos? Persoas comprometidas socialmente que teñan como mínimo 18 anos (ou 16 sempre cunha autorización dos titores) e un máximo sen límite, que contribúan coa súa solidariedade á sensibilización, cambio e progreso na sociedade. Dende a nosa organización só pedimos que se cumpra un requisito moi importante: RESPONSABILIDADE, xa que non podemos esquecer que estamos a traballar con persoas.