ASOCIACIÓN DE DISCAPACITADOS ACTIVOS A XANELA

Representante legal: JUAN GUILLERMO GARCIA GOMEZ
C.I.F: G15224330
Coordinador técnico: JUAN GUILLERMO GARCIA GOMEZ

CONTACTO

Enderezo:
AV DE VILALBA, 6 BAIXO
15320 - AS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ - A CORUÑA
Teléfono: 981-452416 Móbil: 607230249
Fax: 981-452416
Email: axanela@cogami.es
Nº de voluntarios: 8

INFORMACIÓN

Quen somos:

¿Quenes somos? A Xanela foi creada o día 20 de xuño de 1989 baixo o nome de ?Asociación para a integración do neno diferente?. O obxectivo no momento de crea-la asociación era o de escolarizar ós nenos que presentaban diversas discapacidades. O obxectivo viuse cumprido pero, cando os usuarios remataban a etapa escolar, quedaban nunha situación de desatención. Na procura de solventar esta situación, no mes de xaneiro do ano 2000 créase a actual ? Asociación de Discapacitados Activos A Xanela?, entidade libre e independente, sen ánimo de lucro e de carácter voluntario. A finalidade é coordinar e promover a defensa dos intereses das persoas con discapacidade, có fin de conseguir a máxima atención social á problemática que representan, e á súa integración na sociedade. Os medios que utiliza para a realización dos seus fins son:  Fomenta-la unión das persoas con discapacidade facilitándolle os medios para conseguir a súa dignificación e respeto.  Intercambio, orientación, e exposición de todo canto afecte á problemática das persoas con discapacidade có fin de conseguir a máxima atención social.  Promover iniciativas da capacitación laboral para as persoas con discapacidade.  Participar, promocionar e crear iniciativas empresariais que primen a inserción laboral das persoas con discapacidade, en postos de traballo adaptados ás súas capacidades.  Promoción, participación e posta en marcha de todas aquelas actividades de carácter cultural que faciliten directa ou indirectamente a inserción social das persoas con discapacidade. Actualmente, a Asociación de Discapacitados Activos A Xanela está formada por máis de 210 socios dos cales 78 son discapacitados, con diversas afeccións como, por exemplo: Esclerosis Múltiple, Lupus Eritematoso Sistemático, Espondilitis Anquilosante, Ataxia de Friedreich, Amputacións, Hemiplexias, afectacións debidas á Meninxite, Parálise Cerebral, Retraso Mental, Hipoacusia, Oligofrenia, etc?

A quen vai dirixida:

O Plan de Voluntariado da Xanela nace co obxectivo de por en marcha un servizo de voluntariado especializado en persoas con discapacidade, creando unha Rede de Voluntariado de cara a encauzar a participación da sociedade nos asuntos de interese xeral, e máxime en aquelas situacións que redunden na erradicación de situacións de discriminación. Os nosos principais programas son:  Acompañamento e apoio ás persoas con discapacidade: dentro e fóra do domicilio, na realización de xestións, actividades de ocio e tempo libre: campamentos de verán, piscina, rehabilitación, cine, teatro, etc..., apoio educativo, transporte adaptado, actividades de apoio a integración sociolaboral, apoio social, apoio emocional, ...  Campañas de sensibilización e concienciación en temas de discapacidade  Formación:  Formación Básica, dirixida a voluntari@s de base.  Formación Específica no eido das Persoas con discapacidade dirixida tanto @s voluntari@s como a institucións públicas, asociacións, ONGs, e todos aqueles que nolo demanden.  Outros tipo de formación. ¿A quen van dirixidas as nosas accións? As actividades que realizamos están dirixidas principalmente ás persoas con discapacidade, as súas familias e ó conxunto da poboación en xeral.

Quen pode colaborar:

¿Quen pode colaborar con nos? Persoas comprometidas socialmente que teñan como mínimo 18 anos (ou 16 sempre cunha autorización dos titores) e un máximo sen límite, que contribúan coa súa solidariedade á sensibilización, cambio e progreso na sociedade. Dende a nosa organización só pedimos que se cumpra un requisito moi importante: RESPONSABILIDADE, xa que non podemos esquecer que estamos a traballar con persoas.

Poboación destinataria segundo segmento de idade
Adulta
Maior
Poboación destinataria segundo sexo
Mulleres
Homes
Áreas de intervención
Vol. e Inclusión social
Vol. e autonomía persoal