CONCELLO DE VILA DE CRUCES
- Presentación
- Demanda de voluntarios
CONTACTO
PRAZA JUAN CARLOS I, S/N
36590 - VILA DE CRUCES - PONTEVEDRA
INFORMACIÓN
VILA DE CRUCES é un municipio situado no límite máis setentrional da provincia de Pontevedra, da que administrativamente forma parte, no centro-oeste de Galicia. É un dos seis concellos que configuran a bisbarra natural do Deza. Pódese definir como península fluvial, xa que está rodeado por varios ríos: o Ulla, o Deza e o Arnego. Ten unha extensión de 155 km², está formado por 28 parroquias e ten 5435 habitantes (IGE 2016). Dista 40 km da capital de Galicia, coa que está comunicado por estrada a través da PO-960 e da autovía AP-53 ou N-525 (que está a 7 min). É un concello situado estratexicamente, xa que nunha hora podemos situarnos en Lugo, Ourense, Pontevedra ou A Coruña. Conta con conexión de autobuses diarios con Pontevedra, Coruña e Santiago.
Os proxectos de voluntariado que poñemos en marcha van dirixidos a toda a poboación en xeral,dende os 16 anos en adiante, interesada en participar en diversos proxectos de dinamización social do noso concello.
Poden colaborar con nós todas as persoas interesadas en proxectos de voluntariado. Valórase especialmente a predisposición dos voluntarios a participar e colaborar no desenvolvemento de actividades socio-culturais, medioambientais, deportivas e turísticas coa poboación infantil, mocidade, terceira idade e o resto da poboación do noso municipio. Os voluntarios deben ter iniciativa e predisposición por colaborar con outras persoas e traballar en equipo.