
UNIVERSIDADE DA CORUÑA - OFICINA DE COOPERACION E VOLUNTARIADO (OCV)
- Presentación
- Demanda de voluntarios
CONTACTO
Facultade de Socioloxía (campus de Elviña, Coruña); Centro Cultural Universitario (campus de Esteiro, Ferrol)
15071 - A CORUÑA e FERROL - A CORUÑA
INFORMACIÓN
A Oficina de Cooperación e Voluntariado pertence actualmente á Vicerreitoría de Internacionalización e Cooperación, e é a encargada de xestionar, coordinar e potenciar oa eidos do voluntaraido social e a cooperación ao desenvolvemento na universidade. ¡Coñece a realidade e participa na súa transformación! O sistema universitario español, representado pola Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE), considera que a universidade debe asumir o papel protagonista nos procesos de desenvolvemento humán, explorando e elevando á práctica novas estratexias destinadas a construir unha sociedade máis xusta e participativa a través do voluntariado, a cooperación e o traballo no terceiro sector. A Oficina de Cooperación e Voluntariado naceu no ano 1996 como resposta ás necesidades de estudantes con discapacidade física matriculados na Universidade da Coruña que tiñan problemas para asistir ás aulas, para tomar apuntamentos...Este proxecto, denominado PAED (Proxecto de Axuda a Estudantes Discapacitados) foi o primeiro dos programas de voluntariado e comezou como unha colaboración coa ONG ?Solidarios para el Desarrollo?. Co tempo foron xurdindo novos programas de voluntariado e novas colaboracións, ate o momento actual, en que son 19 os proxectos de voluntariado que se levan a cabo entre as oficinas de A Coruña e Ferrol.
Comunidade universitaria (Estudantado, Persoal de Administración e Servizos-PAS e Persoal Docente e Investigador-PDI) Sociedade en xeral