ASOCIACIÓN BÚSQUEDA Y SALVAMENTO DE GALICIA

Representante legal: SAMUEL IRIGOYEN CRUJEIRAS
C.I.F: G70420021
Coordinador técnico: SAMUEL IRIGOYEN CRUJEIRAS

CONTACTO

Dirección:
RÚA NOIA, 5 - 4º ESQUERDA
15007 - A CORUÑA - A CORUÑA
Teléfono: 611619132 Móvil: 611619132
Fax:
Email: samuel.irigoyen@busquedaysalvamento.es
Nº de voluntarios: 56

INFORMACIÓN

Quiénes somos:

Asociación de Busca e Salvamento de Galicia – en adiante, ByS Galicia - está constituída legalmente, o abeiro da Lei Orgánica 01/2002, como asociación; con personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar. Inscrita no rexistro central de asociacións da Xunta de Galicia, cun fin público e de interese xeral que beneficia á meirande parte da poboación dos resultados das súas actividades.

A Asociación fundouse no mes de Maio de 2014 co obxecto e fin fundacional de fomentar unha cultura de seguridade, a prevención de accidentes e a protección das persoas, realizando todas e cantas accións estean na súa man para poñer fin á perda evitable de vidas e aliviar o sufrimento.

As nosas persoas membro poñen a disposición da sociedade a súa experiencia e formación en materia de emerxencias para acadar o fin fundacional. Están organizadas en grupos de traballo pola súa área de especialidade, destacando os grupos de traballo de socorrismo e primeiros auxilios e emerxencias marítimas, tanto pola súa faceta formativa como a preventiva.

A nosa entidade ten un carácter non lucrativo e así está recollido nos estatutos, en tanto que o noso obxectivo en cada actividade é o de alcanzar o fin fundacional, non o de obter beneficios económicos ou realizar reparto de dividendos ó rematar o exercicio. Todos os ingresos recibidos, unha vez satisfeitos os gastos, se reverten na súa totalidade nas actividades da entidade. Ademais, o desempeño dos cargos da Xunta Directiva é de balde, con marcado carácter altruísta e solidario. Este feito está recoñecido pola Axencia Estatal de Administración Tributaria declarándonos entidade de carácter social.

Perseguimos un interese xeral e público, enfocados prioritariamente ó salvamento de vidas no mar, aínda que non e prestar axuda alí onde se nos necesite. Revertemos todos os nosos esforzos na sociedade, potenciando o desenrolo local e comunitario e actuando como auxiliares das administracións públicas no exercicio das súas competencias.

Por último, estatutariamente, se lle recoñecen ás persoas membro os dereitos e deberes recollidos na Lei 10/2011 de Acción Voluntaria, o que reforza o noso perfil solidario, altruísta e comprometido ca comunidade, facilitando a participación dos cidadáns en tarefas de protección civil, salvamento no mar e loita contra a contaminación. ByS Galicia está declarada como entidade de acción voluntaria e inscrita no rexistro correspondente da Xunta de Galicia.

A quién va dirigido:

As persoas destinatarias das nosas actividades, en último termo, son a poboación en xeral, como gran beneficiaria dos progamas e proxectos que desenrolamos, sen perxuizo das persoas destinatarias específicas de cada un dos proxectos de xeito individual. Asemade, realizamos accións de formación e sensibilización, de prevención de accidentes en medio acuático e terrestre, de asesoría en materia de xestión de riscos e de intervención en emerxencias.-

Quién puede colaborar:

Pode colaborar calquera persoa con interese en materia de prevención de accidentes e intervención en emerxencias, cunha perspectiva integradora e innovadora, con grande capacidade de traballo en equipo e disposta a levar a cabo a súa acción voluntaria nun ambiente de mellora contínua e de vocación de servizo público. Non se precisa experiencia previa nas áreas de actividade pero se valora positivamente.

Población destinataria según segmento de edad
Adulta
Población destinataria según sexo
Mujeres
Hombres
Áreas de intervención
Vol. ambiental
Vol. cívico
Ámbitos del voluntariado
Entidades de iniciativa social y voluntariado
Admin. pública y voluntariado
Educación y voluntariado