Demandas

ASOCIACIÓN ALTAIR GALIZA

Representante legal: Lucas Torres Collazo
C.I.F: G27439124
Coordinador técnico: Bruno Faustino Durán
VOLUNTARIADO COMO MONITOR/A DE TEMPOS LIBRES EN SETEPORTAS-ALTAIR DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Buscamos persoas que queiran facer parte da equipa voluntaria de monitores/as de tempos libres de Seteportas-Altair de Santiago de Compostela. Requisitos: -18 anos cumpridos. -Predisposición ao trato con infancia e xuventude e ao traballo en equipo. -Persoas interesadas no seu desenvolvemento integral, na adquisición de experiencias e capacidades. -Persoas optimistas, flexíbeis e con gañas de aprender. -Boa vontade na acción e gañas de traballar polo benestar das persoas e o ben común comunitario. -Gusto polas actividades en contacto coa natureza, a aventura e a vida campista. Non é necesario contar con coñecementos específicos no ámbito. As persoas candidatas seleccionadas serán formadas pola asociación e poderán acceder á bolsa de formación, subvencionada por Altair Galiza, para obter o título de monitor/a e/ou director/a nos tempos libres. Prazas ofertadas: 4 Contacto: info@altair.gal / 633336256