Entidade

ASOCIACIÓN ALTAIR GALIZA

Representante legal: Lucas Torres Collazo
C.I.F: G27439124
Coordinador técnico: Bruno Faustino Durán

CONTACTO

Enderezo:
Rua Homem Santo, 29B
15703 - Santiago de Compostela - A CORUÑA
Teléfono: Móbil: 633336256
Fax:
Email: altair@altair.gal
Nº de voluntarios: 17

INFORMACIÓN

Quen somos:

Altair Galiza é unha entidade de acción voluntaria non gobernamental sen ánimo de lucro, independente e aconfesional, de iniciativa social comunitaria, cultural, educativa, de tempos libres e natureza, e prestadora de servizos sociais á infancia e á xuventude que forma parte do Movemento Sociocultural e Educativo no Tempo Libre Altair, que nace no ano 2010. Trátase dun proxecto que procura fortalecer os vínculos e o coñecemento da contorna das nosas crianzas, construíndo un lugar inclusivo, de aventura e educación en valores.

A acción educativa voluntaria da asociación diríxese a nenos, nenas e xoves de entre 8 e 18 anos, así como a xoves, maiores de idade, que queiran levar a cabo unha intervención educativa no tempo libre desde o voluntariado. 

A actividade dun grupo de tempos libres altair cos nenos/as e xoves participantes ten lugar os sábados (ou domingos) pola mañá tendo unha duración de 3 horas. A actividade realizase no local do grupo de tempos libres. As reunións da equipa educativa de monitores/as voluntarios/as, os cales dirixen o agrupamento de tempo libre, son fixadas un día durante a semana, pola tarde, e adoitan durar un máximo de 2 horas. Estas reunións son coordenadas por unha persoa voluntaria do equipo educativo e durante un período mínimo de 6 meses supervisadas por unha persoa titora de altair. Ao longo do ano, un grupo de tempos libres altair realiza numerosas saídas á natureza e campamentos en outono, inverno, primavera e verán. 

 
A quen vai dirixida:

Dependendo do programa de voluntariado no que se integre a persoa voluntaria a acción voluntaria desenvolta diríxese a un colectivo ou outro:

-Voluntariado nun agrupamento de tempos libres altair: a nosa acción educativa voluntaria diríxese a nenos/as e mozos/as de entre 8 e 18 anos. A actividade nun agrupamento altair ten lugar o sábado ou domingo, no local do agrupamento, tendo a actividade unha duración de 3 horas. As reunións da equipa educativa son durante a semana. Ademais ao longo do ano facemos numerosas saídas á natureza, incluíndo os campamentos de outono, inverno, primavera e verán.

-Voluntariado na Escola de Tempos Libres Altair Galiza: Tras un voluntariado mínimo de 6 meses nun agrupamento altair o voluntariado poderá intervir na escola de tempos libres altair, pertencendo ao seu cadro docente voluntario, e contribuíndo coa súa acción voluntaria ao financiamento e promoción do proxecto altair así como á difusión dos valores do voluntariado entre o alumnado participante, posibilitando a captación de voluntariado para o proxecto altair.   

-Voluntariado noutras estructuras da asociación: Tras un voluntariado mínimo de 6 meses nun agrupamento altair o voluntariado poderá realizar voluntariado noutras estructuras da asociación en colaborar en:

  • Promoción do proxecto altair (participación en charlas, coloquios, etc)

  • Equipa de comunicación (campañas de captación de voluntariado, xestión da páxina web, etc)

  • Relacionamento institucional (asistencia a reunións con outras entidades, pertenza a foros, etc).

  • Captación de recursos económicos (petición de subvencións, etc).

  • Outras.

Quen pode colaborar:

Buscamos persoas que queiran facer parte dun programa de voluntariado nun agrupamento nos tempos libres altair, como membros voluntarios dunha equipa de monitores/as de tempos libres, con preferencia de persoas que podan participar nun agrupamento en Santiago, na Coruña, en Ferrol, en Vigo, en Pontevedra, en Lugo, en Ourense ou na Mariña de Lugo, en Burela, Viveiro, Ribadeo ou Mondoñedo, (sen descartar necesariamente outras localizacións). As persoas interesadas en facer voluntariado en altair non necesitan ter experiencia de voluntariado, en proxectos de educación nos tempos libres ou no mundo altair.
Procúranse persoas comprometidas que queiran participar nun proxecto de voluntariado como membros de pleno dereito dunha equipa educativa, enteiramente voluntaria, de monitores/as nos tempos libres e desenvolver proxectos con nenos/as e xoves de 8 a 18 anos.

Requisitos:

-18 anos cumpridos.
-Predisposición ao trato con infancia e xuventude e ao traballo en equipo.
-Persoas interesadas no seu desenvolvemento integral, na adquisición de experiencias e capacidades.
-Persoas optimistas, flexíbeis e con gañas de aprender.

-Boa vontade na acción e gañas de traballar polo benestar das persoas e o ben común comunitario.
-Gusto polas actividades en contacto coa natureza, a aventura e a vida campista.


Non é necesario contar con coñecementos específicos no ámbito. As persoas candidatas seleccionadas serán formadas pola asociación e poderán acceder á bolsa de formación, subvencionada por Altair Galiza, para obter o título de monitor/a e/ou director/a nos tempos libres 

Poboación destinataria segundo segmento de idade
Infantil
Xuvenil
Adulta
Poboación destinataria segundo sexo
Mulleres
Homes
Áreas de intervención
Vol. e infancia
Ámbitos do voluntariado
Entidades de iniciativa social e voluntariado
Educación e voluntariado