VOLUNTARIADO COMO MONITOR/A DE TEMPOS LIBRES EN SETEPORTAS-ALTAIR DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Buscamos persoas que queiran facer parte da equipa voluntaria de monitores/as de tempos libres de Seteportas-Altair de Santiago de Compostela.
Requisitos:
-18 anos cumpridos.
-Predisposición ao trato con infancia e xuventude e ao traballo en equipo.
-Persoas interesadas no seu desenvolvemento integral, na adquisición de experiencias e capacidades.
-Persoas optimistas, flexíbeis e con gañas de aprender.
-Boa vontade na acción e gañas de traballar polo benestar das persoas e o ben común comunitario.
-Gusto polas actividades en contacto coa natureza, a aventura e a vida campista.
Non é necesario contar con coñecementos específicos no ámbito. As persoas candidatas seleccionadas serán formadas pola asociación e poderán acceder á bolsa de formación, subvencionada por Altair Galiza, para obter o título de monitor/a e/ou director/a nos tempos libres.
Prazas ofertadas: 4
Contacto: info@altair.gal / 633336256