Perspectiva de xénero na intervención social para o voluntariado 2019

Perspectiva de xénero na intervención social para o voluntariado 2019

Destinatarios/as:
Preferentemente persoal técnico e voluntarios das entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.
Nº de horas:
20
Nº de edicións:
1
Nº de prazas:
25
Modalidade:
Lugar de impartición:
Espazo Xove de Chantada: R/ Rosalía de Castro, 1 - 27500 Chantada

MÓDULO I: O Voluntariado e o movemento do voluntariado. O papel do voluntariado social na sociedade actual.
MÓDULO II: Xénero e igualdade de oportunidades. Conceptos como xénero, igualdade de oportunidades e intervención para a prevención da violencia de xénero coa incorporación da
perspectiva de xénero no ámbito da intervención social voluntaria. Conceptos básicos e fundamentos legais.
MÓDULO III: O xénero como construción social. A construción da masculinidade e a feminidade: estereotipos e roles. Sociedade patriarcal, diversidade sexual e de xénero.
Diferencias, desigualdades e discriminacións. O xénero como categoría de análise en diferentes ámbitos: traballo, educación, saúde, público/privado.
MÓDULO IV: A cooperación e a educación para o desenvolvemento con perspectiva de xénero.
Ámbitos de intervención social e voluntariado.
MÓDULO V: Módulo de 2h sobre violencia de xénero segundo as bases e principios do Pacto de Estado.


Data de inscrición: Ata cubrir as prazas
Data prevista de realización: do 4 ao 8 de novembro de 16:00 a 20:00 horas