Voluntariado para a prevención, detección, apoio e acompañamento ás vítimas de violencia de xénero 2019

Destinatarios/as:
Preferentemente persoal técnico e voluntarios das entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.
Nº de horas:
20
Nº de edicións:
1
Nº de prazas:
25
Modalidade:
Lugar de impartición:
Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil: R/ Ramón Piñeiro 17-19 - 15781 Santiago

MÓDULO I: Aspectos conceptuais das violencias machistas cara ás mulleres e as e a menores. Violencia de xénero nas relacións de parella, en concreto en mozas e mozos.
Proceso de instauración e mantemento. Consecuencias derivadas. Acoso sexual e por razón de sexo .
MÓDULO II: Obradoiro práctico “Como podemos actuar ante casos de violencia?”.
MÓDULO III: Apoio e acompañamento ás vítimas de violencia de xénero e as súas familias.
MÓDULO IV: Métodos de funcionamento e recursos da Rede Galega de Acollemento e da Rede de mediadoras. Nocións xurídicas básicas, tales como conceptos como orde de protección, policía custodio, dereitos das vítimas, confidencialidade e medidas de prevención,detección, apoio e acompañamento ás vítimas de violencia de xénero, etc).
MÓDULO V: Módulo de 2h sobre violencia de xénero segundo as bases e principios do Pacto de Estado sobre Violencia de Xénero. MEDIDA: 250



Data de inscrición: Ata cubrir as prazas

Data prevista de realización: do 30 de setembro ao 4 de outubro de 16:00 a 20:00 horas