Abre a matrícula dos cursos do segundo semestre do Plan de Formación da Dirección Xeral de Xuventude 2026

Abre a matrícula dos cursos do segundo semestre do Plan de Formación da Dirección Xeral de Xuventude 2026

A Dirección Xeral de Xuventude, pertencente á Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, abre hoxe, 29 de xuño, o prazo de matrícula para os cursos que se impartirán no segundo semestre deste ano.
Esta nova programación formativa está deseñada para fortalecer as competencias das entidades que traballan nos ámbitos da acción voluntaria e do tempo libre en Galicia, ao tempo que ofrece recursos útiles á mocidade e ás persoas voluntarias.
En total, estarán a disposición 1.330 prazas de formación.

Área de voluntariado

A formación destinada ao voluntariado ten como obxectivo proporcionar coñecementos teóricos e prácticos tanto ás persoas voluntarias, como ao persoal técnico das entidades. Ao longo deste segundo semestre abordaranse temáticas como:

  • Voluntariado ambiental (deseño e planificación de proxectos, coidado do patrimonio, control da flora exótica invasora, emerxencias e contaminación mariña, técnicas de educación ambiental)

  • Educación emocional

  • Lingua de signos

  • Habilidades sociais e participación

  • Diversidade e inclusión

  • Xestión de catástrofes e incidentes con múltiples vítimas

Área de xuventude

A oferta diríxese a profesionais do lecer educativo, persoal técnico que traballa coa mocidade e á propia xuventude interesada en ampliar competencias. Os cursos deste área neste segundo semestre versarán sobre:

  • Técnicas de comunicación e oratoria

  • Aplicación da intelixencia artificial

  • Inclusión no lecer

Requisitos de participación

Poderán inscribirse a este cursos persoas maiores de 16 anos interesadas en adquirir formación especializada en acción voluntaria ou asociacionismo xuvenil, sempre atendendo ás condicións específicas de cada curso. As prazas asignaranse por orde de inscrición, seguindo os criterios establecidos, e teranse en conta as penalizacións individuais de cada persoa, no caso de habelas.

Inscrición e acceso ao campus

Os formularios de inscrición, un por cada curso, estarán dispoñibles no campus en liña de voluntariadogalego.org a partir das 09:00 h do 29 de xuño, e permanecerán accesibles ata completar as prazas.

Para acceder á plataforma:

  • As persoas xa rexistradas deberán introducir o seu nome de persoa usuaria e contrasinal para formalizar a matrícula.

  • Quen acceda por primeira vez deberá crear unha conta antes de solicitar a inscrición (o manual do alumnado está dispoñible no propio campus).

Información adicional necesaria

No momento de cubrir a inscrición será preciso indicar:

  • Se se pertence a unha entidade de acción voluntaria, de lecer educativo ou de tempo libre.

  • Se se dispón da titulación oficial de monitorado de tempo libre.

Estes datos deben incorporarse no apartado “outros datos” do perfil da persoa usuaria.

Cadro de cursos:

Plan de formación anual da Dirección Xeral de Xuventude 2026
2º semestre
Área Título Número de Prazas Horas Lugar de realización Modalidade Datas de realización e horarios Persoas destinatarias
Voluntariado Educación emocional e xestión de conflitos nos grupos de voluntariado 100 20 Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org En liña Do 2 de setembro ao 2 de outubro Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia
Xuventude Oratoria. Como falar en público 25 20 Plataforma de teleformación de Voluntariado Galego En liña Do 7 ao 28 de setembro Mocidade de 16 a 30 anos
Voluntariado Voluntariado ambiental interxeracional na defensa e coidado do patrimonio natural de Galicia 100 20 Plataforma de teleformación de Voluntariado Galego En liña Do 7 de setembro ao 7 de outubro Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia e persoas voluntarias que participan no programa VAI
Voluntariado A participación como factor clave no voluntariado: o desenvolvemento de procesos participativos dende a acción voluntaria 100 20 Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org En liña Do 16 de setembro ao 16 de outubro Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia
Voluntariado Voluntariado ambiental interxeracional no control da flora exótica invasora (VAIN) 100 25 Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org En liña Do 16 de setembro ao 16 de outubro Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia e persoas voluntarias que participan no programa VAI
Voluntariado Comunicación en lingua de signos española. Nivel básico A1.1 30 30 Plataforma de teleformación de FAXPG En liña Do 17 de setembro ao 22 de outubro Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia
Voluntariado Voluntariado en catástrofes e incidentes de múltiples vítimas 100 30 Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org En liña Do 21 de setembro ao 21 de outubro Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia
Xuventude Intelixencia artificial ao xeito: emprego directo e práctico 50 20 Plataforma de teleformación de Voluntariado Galego En liña Do 28 de setembro ao 19 de outubro Mocidade de 16 a 30 anos e profesionais do ocio educativo e do tempo libre
Voluntariado Deseño e planificación de proxectos de voluntariado ambiental interxeracional (VAPRO) 100 25 Plataforma de teleformación de Voluntariado Galego En liña Do 2 de outubro a 2 de novembro Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia e persoas voluntarias que participan no programa VAI
Voluntariado Voluntariado ambiental interxeracional fronte a emerxencias e contaminación mariña 100 20 Plataforma de teleformación de Voluntariado Galego En liña Do 7 de outubro a 7 de novembro Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia e persoas voluntarias que participan no programa VAI
Voluntariado Diversidade e inclusión nos proxectos de voluntariado 100 25 Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org En liña Do 13 de outubro a 13 de novembro Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia
Xuventude Inclusión no lecer educativo. Recursos para a boa práctica 100 20 Plataforma de teleformación de Voluntariado Galego En liña Do 19 de outubro ao 9 de novembro Profesionais do ocio educativo e do tempo libre e persoal técnico que traballa coa mocidade
Voluntariado Estratexias para a mellora do autoconcepto e o desenvolvemento das nosas habilidades sociais na acción voluntaria 100 20 Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org En liña Do 23 de outubro ao 23 de novembro Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia
Voluntariado Técnicas de educación ambiental aplicadas ao voluntariado interxeracional (VATEA) 100 25 Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org En liña Do 26 de outubro ao 26 de novembro Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia e persoas voluntarias que participan no programa VAI
Xuventude Ferramentas de comunicación 25 3,5 Escola Galega de Administración Pública (EGAP) Santiago de Compostela Presencial 21 de novembro de 10:00h a 13:30h Mocidade de 16 a 30 anos
Plan de formación DXX 2026 Segundo semestre