Aínda estás a tempo de inscribirte nos cursos do segundo semestre do Plan de formación 2026 da Dirección Xeral de Xuventude! (áreas de xuventude e voluntariado)

Aínda estás a tempo de inscribirte nos cursos do segundo semestre do Plan de formación 2026 da Dirección Xeral de Xuventude! (áreas de xuventude e voluntariado)

O pasado 29 de xuño abriuse o prazo para a admisión de solicitudes de inscricións nos cursos do Plan de Formación da Dirección Xeral de Xuventude programados para o segundo semestre deste ano, tanto da área de xuventude como da área de voluntariado.

Aínda estás a tempo de solicitar a inscrición, anímate!

Estes cursos son gratuítos e por cada un que superes obterás un diploma oficial.

Para formalizar a matrícula:

  • As persoas que xa teñan conta de persoa usuaria creada, deberán entrar na plataforma para solicitar matrícula, introducindo o nome desta e o contrasinal.

  • Quen acceda por primeira vez deberá crear, antes de solicitar a inscrición nos cursos, a súa conta de persoa usuaria da plataforma (Por favor, antes crear a túa conta , lee con detemento os requisitos que se indican respecto ao nome de persoa usuaria).

Información adicional necesaria

No momento de cubrir a inscrición será preciso indicar:

  • Se formas parte dunha entidade de acción voluntaria, de lecer educativo ou de tempo libre.

  • Se dispós da titulación oficial de monitorado de tempo libre.

Estes datos deben incorporarse no apartado outros datos” do perfil da persoa usuaria.

Por favor, antes de solicitar praza, lede con atención os requisitos de cada un dos cursos.

Acceso ao campus en liña

Cadro de cursos

Plan de formación anual da Dirección Xeral de Xuventude 2026
2º semestre
Área Título Número de Prazas Horas Lugar de realización Modalidade Datas de realización e horarios Persoas destinatarias
Voluntariado Educación emocional e xestión de conflitos nos grupos de voluntariado 100 20 Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org En liña Do 2 de setembro ao 2 de outubro Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia
Xuventude Oratoria. Como falar en público 25 20 Plataforma de teleformación de Voluntariado Galego En liña Do 7 ao 28 de setembro Mocidade de 16 a 30 anos
Voluntariado Voluntariado ambiental interxeracional na defensa e coidado do patrimonio natural de Galicia 100 20 Plataforma de teleformación de Voluntariado Galego En liña Do 7 de setembro ao 7 de outubro Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia e persoas voluntarias que participan no programa VAI
Voluntariado A participación como factor clave no voluntariado: o desenvolvemento de procesos participativos dende a acción voluntaria 100 20 Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org En liña Do 16 de setembro ao 16 de outubro Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia
Voluntariado Voluntariado ambiental interxeracional no control da flora exótica invasora (VAIN) 100 25 Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org En liña Do 16 de setembro ao 16 de outubro Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia e persoas voluntarias que participan no programa VAI
Voluntariado Comunicación en lingua de signos española. Nivel básico A1.1 30 30 Plataforma de teleformación de FAXPG En liña Do 17 de setembro ao 22 de outubro Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia
Voluntariado Voluntariado en catástrofes e incidentes de múltiples vítimas 100 30 Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org En liña Do 21 de setembro ao 21 de outubro Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia
Xuventude Intelixencia artificial ao xeito: emprego directo e práctico 50 20 Plataforma de teleformación de Voluntariado Galego En liña Do 28 de setembro ao 19 de outubro Mocidade de 16 a 30 anos e profesionais do ocio educativo e do tempo libre
Voluntariado Deseño e planificación de proxectos de voluntariado ambiental interxeracional (VAPRO) 100 25 Plataforma de teleformación de Voluntariado Galego En liña Do 2 de outubro a 2 de novembro Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia e persoas voluntarias que participan no programa VAI
Voluntariado Voluntariado ambiental interxeracional fronte a emerxencias e contaminación mariña 100 20 Plataforma de teleformación de Voluntariado Galego En liña Do 7 de outubro a 7 de novembro Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia e persoas voluntarias que participan no programa VAI
Voluntariado Diversidade e inclusión nos proxectos de voluntariado 100 25 Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org En liña Do 13 de outubro a 13 de novembro Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia
Xuventude Inclusión no lecer educativo. Recursos para a boa práctica 100 20 Plataforma de teleformación de Voluntariado Galego En liña Do 19 de outubro ao 9 de novembro Profesionais do ocio educativo e do tempo libre e persoal técnico que traballa coa mocidade
Voluntariado Estratexias para a mellora do autoconcepto e o desenvolvemento das nosas habilidades sociais na acción voluntaria 100 20 Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org En liña Do 23 de outubro ao 23 de novembro Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia
Voluntariado Técnicas de educación ambiental aplicadas ao voluntariado interxeracional (VATEA) 100 25 Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org En liña Do 26 de outubro ao 26 de novembro Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia e persoas voluntarias que participan no programa VAI
Xuventude Ferramentas de comunicación 25 3,5 Escola Galega de Administración Pública (EGAP) Santiago de Compostela Presencial 21 de novembro de 10:00h a 13:30h Mocidade de 16 a 30 anos

 

Plan de formación DXX 2º semestre 2026