Campaña de difusión do voluntariado

A Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia vén de lanzar unha campaña de voluntariado baixo o lema "Algún voluntario para...?" ou "Algunha voluntaria para...? Dá o paso! Fai voluntariado e saca o mellor de Galicia e de ti".

A través desta campaña a Consellería de Política Social e Xuventude busca acadar dous obxectivos primordialmente:

- Visibilizar a importancia e relevancia da acción voluntaria en Galicia, así como os seus diferentes ámbitos de actuación e perfís de persoas voluntarias. 

- Facer un chamamento á sociedade, e en especial á xente moza, para implicarse en accións de voluntariado. 

 

Anímate a participar nas actividades das entidades de acción voluntaria  e nos plans e programas de voluntariado da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

 

/Imaxe%20campa%C3%B1a