Curso presencial "Formación en igualdade para a prevención e o afrontamento da violencia de Xénero" Santiago de Compostela"

Os días 3, 4, 5, 6 e 7 de outubro impartirase o curso de Formación en Igualdade para a prevención e o afrontamento da Violencia de Xénero, no Centro Coordinador de Información Xuvenil (R/ Ramón Piñeiro 17-19. Santiago de Compostela).

ANÍMATE, AÍNDA QUEDAN PRAZAS VACANTES!!

Neste curso abordaranse os seguintes temas:

1. INTRODUCIÓN. A FIGURA DA PERSOA VOLUNTARIA NO CONTEXTO DA VIOLENCIA DE XÉNERO

a. Concepto de acción voluntaria. Entidades e persoas voluntarias.

b. Fins do voluntariado.

c. Dereitos das persoas voluntarias.

d. Deberes das persoas voluntarias.

 

2. CONCEPTOS BÁSICOS EN IGUALDADE E XÉNERO

a. Sexo vs. xénero. É o xénero unha construción social?

b. O home hexemónico como elemento central de todas as sociedades.

c. Como afecta na saúde física e psicolóxica das mulleres os roles de xénero?

d. Porque é importante coñecer a historia das mulleres e o significado do feminismo. Concepto da interseccionalidade.

 

3. ORIXES DA VIOLENCIA DE XÉNERO

a. Introducción, conceptos e pinceladas lexislativas (convenio de Estambul).

b. Sociedade, cultura e violencia machista (incluir micromachismo, neomachismos e institucións patriarcais).

c. En verdade, “sen ti non son nada”? Falemos do amor romántico.

d. Tipos de violencia e formas de violencia específicas en mulleres. Figura do agresor.

e. Porque unha muller mantense nunha relación violenta? Estratexias para facerse co control. O ciclo da violencia.

f. Mitos e erros na concepción da violencia machista.

 

4. RECURSOS EXISTENTES. PREVENCIÓN E AFRONTAMENTO DA VIOLENCIA DE XÉNERO. BOAS PRÁCTICAS

a. EDUCATIVOS, a única ferramenta para previr a violencia machista

i. Formas de violencia nos contextos educativos

ii. Diversidade humana: discapacidade, orientación sexual, etc. Interseccionalidade.

iii. Coeducación?

- Pedagoxía feminista

- Educación sexual nos diferentes contextos educativos

iv. Ferramentas educativas para a igualdade

- Estratexias de equipo de traballo

- Linguaxe inclusiva

- Xogos e dinámicas non sexistas

b. SOCIAIS

 

Se tes interés en asistir a dito curso segue as seguintes instrucións:

** PERSOA USUARIA DA PLATAFORMA DE TELEFORMACIÓN DE VOLUNTARIADOGALEGO.ORG: Se xa tes creada conta na plataforma únicamente terás que acceder introducindo o teu nome de usuaria/o (que sempre será o teu DNI/NIE/PASAPORTE) e o contrasinal e premer na pestana "matricularme" do curso.

Se este é o teu caso preme no botón "ACCEDER" da parte superior central da plataforma e introduce os datos sinalados. https://formacion.voluntariadogalego.org/login/signup.php

** PERSOA NON USUARIA DA PLATAFORMA DE TELEFORMACIÓN DE VOLUNTARIADOGALEGO.ORG: No caso de non ter creada unha conta deberás creala e validala (premendo no correo que a plataforma che enviará), antes de poder solicitar praza no curso.

Se este é o teu caso preme na seguinte ligazón: https://formacion.voluntariadogalego.org/login/signup.php

 

Aviso importante: As prazas adxudicaranse por rigurosa orde de entrada das solicitudes.

/Curso%20de%20Igualdade%20Santiago%20de%20Compostela%2C%20do%203%20ao%207%20de%20outubro%202022