Día Internacional do Voluntariado 2025
Día Internacional do Voluntariado 2025
O Día Internacional do Voluntariado, celebrado cada 5 de decembro dende que a ONU o proclamou en 1975, é unha ocasión perfecta para expresar recoñecemento e gratitude a todas as persoas que entregades tempo, talento e corazón para mellorar o mundo.
🙏 Grazas a todas as persoas voluntarias, por demostrar que a solidariedade non ten fronteiras nin límites.
👉 👏 Co voso compromiso, facedes posible que Galicia medre, que persoas en situación de vulnerabilidade se sintan acompañadas e que os valores de xustiza e igualdade se manteñan vivos.
🌍💚 Do mesmo xeito o voluntariado ambiental é unha das formas máis visibles de compromiso da cidadanía xa que conecta directamente co coidado da natureza e coa loita contra o cambio climático.
🌱 Cada acción, por pequena que pareza, sementa esperanza e constrúe un futuro máis humano e sostible.
❤️ O voso labor é un exemplo que inspira e recorda que as persoas unidas podemos transformar realidades.
❤️Feliz día do Voluntariado❤️
