Encontros informativos da Orde Talento Interxeracional

O pasado día 27 de setembro de 2022 publicouse no DOG a orde Talento Interxeracional orientada á realización de proxectos no medio rural que permitan impulsar a demografía e o asentamento poboacional neste territorio, así como mellorar os servizos vinculados aos coidados, centrados fundamentalmente nas persoas e as súas necesidades reais.

 

Este programa está dirixido a entidades de acción tanto locais como asociativas e centrarase nas zonas do rural galego. Procura fomentar actividades formativas, de intercambio de experiencia e coñecementos, nos concellos de menor tamaño vinculados a ámbitos como a nova economía dos coidados, a recuperación de actividades ou oficios, a produción agroalimentaria, a recuperación do patrimonio e o turismo e o deseño de modelos dixitais e tecnolóxicos.

 

Cada un dos proxectos debe contar cun grupo interxeracional de persoas maiores e novas que, con base nos seus coñecementos e experiencias, será o impulsor de novas modalidades de proxectos que permitan a dinamización do medio rural.

 

O prazo de presentación de solicitudes remata o próximo 27 de outubro.

 

Coa finalidade de dar a coñecer este novo proxecto, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado inicia unha serie de encontros ao longo da Comunidade Autónoma durante o mes de outubro

 

Data

Hora

Lugar

Concello

18/10/2022

10:30

Delegación Territorial de Pontevedra (aula 2, planta baixa). R/Fernández Ladreda nº43

Pontevedra

19/10/2022 10:30 Biblioteca Municipal de Vedra (Avda. Mestre Manuel Gómez Lorenzo nº15 Vedra
21/10/2022 10:30 Delegación Territorial de Lugo- Ronda da Muralla nº71 (Sala Muralla) Lugo
24/10/2022 12:00 Pazo de Mos (Camiño da Rúa nº1) Mos

 

Se dende a túa entidade queredes coñecer este novo proxecto e asistir a algún dos encontros, anotádevos no seguinte formulario.

/Encontros