Nova edición do curso "Condución sostible, eficiente e segura"

A Consellería de Política Social e Xuventude organiza, dentro do Plan de formación de Xuventude e Voluntariado 2022, a segunda edición do curso “Condución sostible, eficiente e segura”, dirixido a mozas e mozos de 16 a 35 anos, cuxo obxectivo principal é formar sobre a mobilidade nos vehículos de uso persoal neses tres ámbitos: sostibilidade, eficiencia e seguridade.

Nesta formación que terá lugar o vindeiro 14 de xaneiro, de 09:00 a 15:00 horas, na Escola de condución e transportes de Galicia (Teixeiro, A Coruña), o alumnado recibirá unhas nocións teóricas básicas sobre consumo enerxético eficiente, sobre as diferenzas entre motores de combustión e os eléctricos, así como sobre a condución autónoma e os seus sistemas de seguridade. Ademais, mediante o método de simulacións, terán a oportunidade de aprender técnicas de condución ante situacións de emerxencia.

 

Nas catro horas de parte práctica do curso, o alumnado realizará unha serie de manobras en pista que lle axudarán a entender de forma eficiente e segura o mellor uso dos vehículos con motor térmico, híbrido ou eléctrico.

 

Se tes interese en inscribirte preme na seguinte ligazón

/Curso%20de%20conduci%C3%B3n%20segura%202023