Orde de axudas a entidades de acción voluntaria de carácter privado 2022

O 5 de maio publicouse a Orde do 27 de abril de 2022 pola que se regulan as bases que rexerán a concesión das subvencións ás entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento BS508B).

Esta subvención está dirixida a entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado dende o 1 de xaneiro de 2022 ata o 31 de outubro de 2022 no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Para poder solicitar dita subvención será condición imprescindible que as entidades de acción voluntaria de carácter privado estean legalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia na data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Non obstante, tamén poderán solicitar axudas as entidades privadas non inscritas que, na data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, teñan presentada solicitude de inscrición na sección de entidades do referido Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.

O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes (do 6 de maio ao 6 de xuño de 2022).

A concesión da axuda tramítase en réxime de concorrencia competitiva.

 

Para máis información: sede electrónica da Xunta de Galicia

/Subvenci%C3%B3ns%20para%20entidades%20de%20acci%C3%B3n%20voluntaria%20de%20car%C3%A1cter%20privado%202022