Orde de axudas a entidades de acción voluntaria de carácter privado 2022
Esta orde vai dirixida a entidades de acción voluntaria de carácter privado que realicen proxectos de voluntariado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado desde o 1 de xaneiro de 2023 ata o 31 de outubro de 2023.
Para poder solicitar dita subvención será condición imprescindible que as entidades de acción voluntaria de carácter privado estean legalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia na data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Non obstante, tamén poderán solicitar axudas as entidades privadas non inscritas que, na data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, teñan presentada solicitude de inscrición na sección de entidades do referido Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.
A concesión da axuda tramítase en réxime de concorrencia competitiva.
Para máis información: sede electrónica da Xunta de Galicia.