Os primeiros 12 voluntarios inauguran no Xeoparque do Courel o novo programa de voluntariado ambiental da Xunta
Os primeiros 12 voluntarios inauguran no Xeoparque do Courel o novo programa de voluntariado ambiental da Xunta
O Xeoparque do Courel é o primeiro dos dezaséis espazos naturais no que se desenvolverán as vinte actividades previstas para as fins de semana de maio a outubro.
Esta iniciativa interxeracional, que esgotou as 228 prazas dispoñibles en apenas tres horas, levará os participantes ao Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (lla de Ons, Illas Cíes, Illa de Cortegada e Illa de Sálvora); o Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán; o Parque Natural O Invernadeiro; Parque Natural Serra da Enciña da Lastra; o Parque Natural Monte Aloia; o Parque Natural Fragas do Eume, o Parque Natural e Reserva da Biosfera de Baixa Limia-Serra do Xurés; a Reserva da Biosfera Terras do Miño Mondoñedo; a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo; a Reserva da Biosfera Eo, Oscos e Terras do Burón Ribadeo; e aos ZEC Ancares-Courel e Canón do Sil.
