Plan de formación Anual da Dirección Xeral de Xuventude 2026. Voluntariado Ambiental Interxeracional-VAI
Plan de formación Anual da Dirección Xeral de Xuventude 2026. Voluntariado Ambiental Interxeracional-VAI
• Voluntariado ambiental interxeracional nas accións fronte ao cambio climático**
• Voluntariado ambiental interxeracional na prevención de residuos (VAPIR)**
• Voluntariado ambiental interxeracional na loita contra os incendios forestais**
• Voluntariado ambiental interxeracional en ríos (VAIR)**
• Voluntariado ambiental interxeracional na defensa do coidado do litoral**
A matrícula para o resto dos cursos incluídos na oferta formativa de 2026 abrirase nas vindeiras semanas.
Poderán participar nestas primeiras 5 accións formativas todas as persoas maiores de 18 anos interesadas en adquirir coñecementos especializados en materia de acción voluntaria, segundo os requisitos específicos establecidos para cada curso.
As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición, conforme aos criterios anteriormente indicados.
Os formularios de inscrición (un por curso) estarán dispoñibles no campus en liña da páxina web de Voluntariado (www.voluntariadogalego.org) a partir do 16 de febreiro, e permanecerán abertos ata que se cubran as prazas ofertadas.
Para acceder á plataforma de teleformación, o alumnado que xa teña conta deberá introducir o seu nome de persoa usuaria e contrasinal para formalizar a matrícula nos cursos desexados. Quen acceda por primeira vez deberá crear unha conta antes de solicitar a inscrición (pódese consultar o manual do alumnado dispoñible no campus).
No momento de realizar a inscrición, é importante indicar se se pertence a algunha entidade de acción voluntaria, de ocio educativo ou de tempo libre, así como se se posúe titulación oficial de monitorado de tempo libre. Estes datos deben especificarse no apartado “outros datos” dentro do perfil de persoa usuaria.
| Plan de formación anual da Dirección Xeral de Xuventude 2026 Voluntariado Ambiental Interxeracional-VAI |
||||||
| Título | Número de Prazas | Horas | Lugar de realización | Modalidade | Datas de realización e horarios | Persoas destinatarias |
| Voluntariado ambiental interxeracional nas accións fronte ao cambio climático | 100 | 20 | Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org | En liña | Do 2 de marzo ao 2 de abril | Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia e persoas voluntarias que participan no programa VAI |
| Voluntariado ambiental interxeracional na prevención de residuos (VAPIR) | 100 | 25 | Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org | En liña | Do 16 de marzo ao 15 de abril | Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia e persoas voluntarias que participan no programa VAI |
| Voluntariado ambiental interxeracional na loita contra os incendios forestais | 100 | 20 | Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org | En liña | Do 23 de marzo ao 23 de abril | Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia e persoas voluntarias que participan no programa VAI |
| Voluntariado ambiental interxeracional en ríos (VAIR) | 100 | 25 | Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org | En liña | Do 15 de abril ao 15 de maio | Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia e persoas voluntarias que participan no programa VAI |
| Voluntariado ambiental interxeracional na defensa do coidado do litoral | 100 | 20 | Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org | En liña | Do 20 de abril ao 20 de maio | Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia e persoas voluntarias que participan no programa VAI |