Plan de formación da Dirección Xeral de Xuventude 2026

Plan de formación da Dirección Xeral de Xuventude 2026

A Dirección Xeral de Xuventude, integrada na Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, impulsa de novo o seu Plan Anual de Formación para o ano 2026. Nesta convocatoria, o 16 de febreiro abriuse a inscrición para cinco cursos en liña centrados no voluntariado ambiental interxeracional, aos que agora se engaden outros doce cursos da área de voluntariado e dez da área de xuventude.

Estrutura do plan formativo 2026

O programa deste ano inclúe:

  • 4 cursos presenciais

  • 19 cursos en liña

  • 4 cursos en modalidade mixta (dous deles con horas presenciais e outros dous telepresenciais)

En total, ofértanse 1.920 prazas.

Área de voluntariado

Os cursos destinados ao voluntariado buscan ofrecer ferramentas básicas e prácticas tanto ao persoal técnico das entidades como ás persoas voluntarias, actuais ou futuras. Ademais da formación esencial en materia de voluntariado, nesta edición abórdanse temas como:

  • Voluntariado ambiental

  • Uso da intelixencia artificial no ámbito do voluntariado

  • Educación emocional e habilidades sociais

  • Apoio psicosocial

Área de xuventude

A formación diríxese a profesionais do lecer educativo e do tempo libre, persoal técnico que traballa con mocidade e tamén á propia xuventude. Os contidos inclúen:

  • Deportes náuticos

  • Comunicación e resolución de conflitos

  • Aplicación da IA

  • Inclusión no lecer

  • Formación para persoas delegadas de protección da infancia e adolescencia

Requisitos de participación

Poderán inscribirse persoas maiores de 16 anos interesadas en adquirir coñecementos especializados en acción voluntaria ou asociacionismo xuvenil, sempre atendendo ás condicións específicas de cada curso.

As prazas asignaranse por orde de inscrición, seguindo os criterios establecidos.

Inscrición e acceso ao campus

Os formularios de inscrición —un por cada acción formativa— estarán accesibles no campus en liña da web de Voluntariado (www.voluntariadogalego.org). Nesta edición establécense dúas quendas de apertura:

  • Cursos programados entre marzo e xuño: os formularios poderán cubrirse a partir das 09:00 h do luns 9 de marzo.

  • Cursos previstos de setembro a decembro: a inscrición abrirase ás 09:00 h do martes 1 de setembro.

En ámbolos dous casos os formularios permanecerán abertos ata completar as prazas.

Para acceder á plataforma:

  • O alumnado xa rexistrado deberá introducir o seu nome de persoa usuaria e contrasinal para formalizar a matrícula.

  • As persoas que accedan por primeira vez deberán crear unha conta antes de solicitar a inscrición (o manual do alumnado está dispoñible no propio campus).

📌 Información adicional necesaria

No momento de cubrir a inscrición é importante indicar:

  • Se se pertence a unha entidade de acción voluntaria, de lecer educativo ou de tempo libre.

  • Se se posúe titulación oficial de monitorado de tempo libre.

Estes datos deben incluírse no apartado “outros datos” do perfil da persoa usuaria.

Cadro dos cursos Plan de Formación 2026

Plan de formación anual da Dirección Xeral de Xuventude 2026
Área Título Número de Prazas Horas Lugar de realización Modalidade Datas de realización e horarios Persoas destinatarias
Voluntariado Voluntariado ambiental interxeracional nas accións fronte ao cambio climático 100 20 Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org En liña Do 2 de marzo ao 2 de abril Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia e persoas voluntarias que participan no programa VAI
Voluntariado Voluntariado ambiental interxeracional na prevención de residuos (VAPIR) 100 25 Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org En liña Do 16 de marzo ao 15 de abril Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia e persoas voluntarias que participan no programa VAI
Voluntariado Voluntariado ambiental interxeracional na loita contra os incendios forestais 100 20 Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org En liña Do 23 de marzo ao 23 de abril Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia e persoas voluntarias que participan no programa VAI
Xuventude Comunicación efectiva e bo trato no tempo libre 50 20 Plataforma de teleformación de Voluntariado Galego En liña Do 23 de marzo ao 13 de abril Profesionais do ocio educativo e do tempo libre e persoal técnico que traballa coa mocidade
Xuventude Formación para persoas delegadas de protección da infancia e da adolescencia no ámbito do tempo libre 25 24 (20 en liña+4 presencial) Plataforma de teleformación de Voluntariado Galego + Centro Don Bosco Santiago Mixto Do 6 ao 27 de abril
Sesión práctica a elixir entre:
Venres 5 de xuño
sábado 6 de xuño
Horario: de 10:00h a 14:00h
Profesionais do ocio educativo e do tempo libre e persoal técnico que traballa coa mocidade
Voluntariado Aplicación da intelixencia artificial no ámbito do voluntariado 100 24 Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org En liña Do 7 de abril ao 7 de maio Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia
Voluntariado Voluntariado ambiental interxeracional en ríos (VAIR) 100 25 Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org En liña Do 15 de abril ao 15 de maio Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia e persoas voluntarias que participan no programa VAI
Voluntariado Voluntariado ambiental interxeracional na defensa do coidado do litoral 100 20 Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org En liña Do 20 de abril ao 20 de maio Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia e persoas voluntarias que participan no programa VAI
Xuventude Iniciación aos deportes náuticos no eido do tempo libre: vela e windsurf 15 60 Albergue Xuvenil As Sinas Presencial 30 de abril, 1, 2, 3, 8, 9 e 10 de maio
Xoves 30 de abril: 16.00-21.00
Venres 1, sábado 2 e domingo 3 de maio: 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00
Venres 8 de maio: 16.00-21.00
Sábado 9 e domingo 10 de maio: 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00
Mocidade de 18 a 30 anos e profesionais do ocio educativo e do tempo libre
Voluntariado Actuacións do voluntariado na rexeneración de montes queimados 100 20 Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org En liña Do 2 de maio ao 2 de xuño Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia
Voluntariado Educación emocional e xestión de conflitos nos grupos de voluntariado 100 25 (15 en liña+10 telepresencial) Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org Mixto Do 4 de maio ao 4 de xuño Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia
Xuventude Iniciación aos deportes náuticos no eido do tempo libre: caiac e paddlesurf 20 25 Albergue Xuvenil As Sinas Presencial 8, 9 e 10 de maio
Venres 8 de maio: 16.00-21.00
Sábado 9 e domingo 10 de maio: 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00
Mocidade de 18 a 30 anos e profesionais do ocio educativo e do tempo libre
Xuventude Formación para persoas delegadas de protección da infancia e da adolescencia no ámbito do tempo libre 25 24 (20 en liña+4 presencial) Plataforma de teleformación de Voluntariado Galego + Centro Don Bosco Santiago Mixto Do 11 de maio ao 1 de xuño
Sesión práctica a elixir entre:
Venres 5 de xuño
sábado 6 de xuño
Horario: de 10:00h a 14:00h
Profesionais do ocio educativo e do tempo libre e persoal técnico que traballa coa mocidade
Voluntariado Curso de voluntariado. Nivel básico 100 20 Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org En liña Do 18 de maio ao 18 de xuño Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia
Voluntariado Atención e apoio psicosocial no voluntariado 100 30 Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org En liña Do 25 de maio ao 25 de xuño Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia
Xuventude Resolución de conflictos en grupos xuvenís 30 20 Plataforma de teleformación de Voluntariado Galego En liña Do 1 ao 22 de xuño Profesionais do ocio educativo e do tempo libre e persoal técnico que traballa coa mocidade
Voluntariado O desenvolvemento de competencias socioemocionais na acción voluntaria 25 12 Centro Coordinador de Información Xuvenil- Santiago de Compostela Presencial Do 8 ao 11 de xuño De 16:30h a 19:30h Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia
Xuventude Oratoria. Cómo falar en público 25 20 Plataforma de teleformación de Voluntariado Galego En liña Do 7 ao 28 de setembro Mocidade de 16 a 30 anos
Voluntariado A participación como factor clave no voluntariado: o desenvolvemento de procesos participativos dende a acción voluntaria 100 20 Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org En liña Do 16 de setembro ao 16 de outubro Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia
Voluntariado Comunicación en lingua de signos española. Nivel básico A1.1 30 30 Plataforma de teleformación de FAXPG En liña Do 17 de setembro ao 22 de outubro Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia
Voluntariado Voluntariado en catástrofes e incidentes de múltiples vítimas 100 30 Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org En liña Do 21 de setembro ao 21 de outubro Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia
Xuventude Intelixencia artificial ao xeito: emprego directo e práctico 50 20 Plataforma de teleformación de Voluntariado Galego En liña Do 28 de setembro ao 19 de outubro Mocidade de 16 a 30 anos e profesionais do ocio educativo e do tempo libre
Voluntariado Diversidade e inclusión nos proxectos de voluntariado 100 25 (15 en liña+10 telepresencial) Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org Mixto Do 13 de outubro a 13 de novembro Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia
Xuventude Inclusión no lecer educativo. Recursos para a boa práctica 100 20 Plataforma de teleformación de Voluntariado Galego En liña Do 19 de outubro ao 9 de novembro Profesionais do ocio educativo e do tempo libre e persoal técnico que traballa coa mocidade
Voluntariado Estratexias para a mellora do autoconcepto e o desenvolvemento das nosas habilidades sociais na acción voluntaria 100 20 Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org En liña Do 23 de outubro ao 23 de novembro Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia
Voluntariado Curso de voluntariado. Nivel de especialización de carácter xenérico 100 20 Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org En liña Do 16 de novembro ao 16 de decembro Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia
Xuventude Ferramentas de comunicación 25 3 Lugar por determinar Presencial Datas por determinar Mocidade de 16 a 30 anos