PLAN DE FORMACIÓN DA DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE, PARTICIPACIÓN E VOLUNTARIADO SEGUNDO SEMESTRE 2020

Tras o éxito da convocatoria de abril, a Consellería de Política Social oferta unha segunda edición do Plan de formación conxunto para a mocidade, os profesionais do eido do tempo libre e as persoas voluntarias de Galicia coa finalidade de ofrecer opcións de formación en materia de educación non formal e de voluntariado no segundo semestre deste ano. A programación está realizada en colaboración con profesionais de ambos os dous sectores, con especial implicación neste caso das Escolas de Tempo Libre

O Plan está conformado por 27 cursos, 22 deles en liña e 5 presenciais, cun total de 1.530 prazas, orientados á formación especializada e específica en materia de voluntariado nas seguintes áreas: perfeccionamento (que complementa ao básico ofertado no primeiro trimestre) e competencias adquiridas en materia de voluntariado, lingua de signos, formación en igualdade para prevención e afrontamento da violencia de xénero, voluntariado ambiental, voluntariado en situacións de emerxencia, voluntariado corporativo ou mesmo voluntariado dende os centros educativos. Así mesmo, no ámbito da xuventude, as accións formativas céntranse no eido dixital, a comunicación, o márketing, a preparación para o ámbito laboral, o eido educativo, o tempo libre e técnicas de mellora emocional.

 

En concreto, o detalle dos cursos e o procedemento de inscrición realizarse como segue:

 

1. Cursos destinados a persoas voluntarias e entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia:

 

  • Ofértanse un total de 13 cursos formativos, 8 deles en liña e 5 de carácter presencial nos Espazos Xoves de Chantada, Lalín, Betanzos, Noia e Ourense. En total, 830 prazas.

  • Poderanse apuntar persoas maiores de 16 anos.

  • O prazo de inscrición ábrese o venres 16 de outubro a partir das 10.00 horas e permanecerá aberto ata cubrir as prazas ofertadas en cada un dos cursos.

 

2. Cursos destinados a profesionais do eido do tempo libre e persoas mozas en xeral:

 

  • Ofértanse un total de 14 cursos formativos en liña, que supoñen 700 prazas.

  • Poderanse apuntar persoas con idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos e profesionais do eido do tempo libre.

  • O prazo de inscrición ábrese o martes 20 de outubro a partir das 10.00 horas e permanecerá aberto ata cubrir as prazas ofertadas en cada un dos cursos.

 

Os formularios de inscrición (un por cada curso) estarán dispoñibles na páxina web de Voluntariado (voluntariadogalego.org) o venres 16 de outubro no caso dos cursos de voluntariado e o martes 20 de outubro no caso dos de xuventude. Para ambos casos, a selección dos participantes será por rigoroso orde de inscrición, sempre e cando se cumpran os requisitos. Así mesmo, unha mesma persoa pode apuntarse a máis cursos se cumpre os requisitos.

 

Como realizar a inscrición nun curso?

Hai tres opcións. Revisa antes cal é o teu caso para ir máis áxil e certeiro coa inscrición:

a) No caso de ser alumno/a xa inscrito/a con anterioridade no Campus en Liña de Voluntariado: debes matricularte aos cursos a través do panel de alumno premendo no espazo "subscrición a outros cursos on line". LIGAZÓN AO PANEL DE ALUMNO

b) No caso de ser alumno/a novo/a, non inscrito/a no Campus en Liña: debes cubrir a ficha dun dos cursos no que queiras matricularte, ir ao teu correo e validar a ligazón que che envía a plataforma. Unha vez esteas dado de alta como alumno/a na plataforma, no caso de que queiras matricularte a outro ou outros cursos en liña,  terás que entrar coas túas claves ao Campus e seguir os pasos indicados no apartado a). LIGAZÓN AO APARTADO DE FORMACIÓN

c) No caso dos cursos que se desenvolven en plataformas externas ou cursos presenciais: debes cubrir a ficha correspondente. LIGAZÓN AO APARTADO DE FORMACIÓN