PLAN DE FORMACIÓN DE VOLUNTARIADO 2021

A Consellería de Política Social, a través da Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, oferta un Plan de formación para as persoas voluntarias de Galicia coa finalidade de ofrecer opcións de formación dixital en materia de voluntariado no último trimestre deste ano.

O Plan está conformado por 6 cursos en liña, cun total de 630 prazas, orientados á formación específica en materia de voluntariado nas seguintes áreas: nocións básicas de voluntariado, competencias en materia de voluntariado, lingua de signos, formación en igualdade para prevención e afrontamento da violencia de xénero, voluntariado ambiental e voluntariado dende os centros educativos.

 

Poderán participar nas accións formativas convocadas as persoas maiores de 16 anos que teñan interese en obter coñecementos especializados en materia de acción voluntaria. O número máximo de cursos que se poden solicitar do total dos ofertados durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a dous. Así mesmo, aquelas persoas que obtiveron praza e superaron o curso en anteriores edicións non teñen a posibilidade de anotarse a esta nova convocatoria nos mesmos cursos xa superados, podendo escoller calquera outro dispoñible.

 

As prazas a cada un dos cursos outorgaranse por rigorosa orde de inscrición. Os formularios de inscrición (un por cada curso) estarán dispoñibles no campus en liña da páxina web de Voluntariado (www.voluntariadogalego.org) desde as 12.00 horas do luns 4 de outubro . O prazo de inscrición permanecerá aberto ata cubrir as prazas ofertadas en cada un deles.

 

 

Para acceder á plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org o alumnado que xa realizou cursos con anterioridade nesta plataforma debe seguir as indicacións que se lle enviaron ao correo electrónico. As persoas que accedan por primeira vez e aínda non teñan conta de usuario creado na plataforma de teleformación terán que introducir os seus datos a través do espazo “ACCEDER” da parte superior da plataforma e cubrir a correspondente ficha. Unha vez subscritos xa poderán acceder á plataforma e solicitar praza naqueles cursos nos que teñan interese (máximo 2).

 

 

                                                                                           Formación 2021

 

Nome do curso

Edicións

 

Prazas

 

 

Horas

 

Modalidade

Data de realización

Lugar

En liña

                                                                                                                       ÚLTIMO TRIMESTRE 2021

1

Voluntariado

O voluntariado dende os centros educativos

MATRICULA PECHADA

1

100

20

En liña

Do 15 de outubro ao 15 de novembro

Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org

2

Voluntariado

Educación e Voluntariado Ambiental

MATRICULA PECHADA

1

100

20

En liña

Do 22 de outubro ao 22 de novembro

Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org

3

Voluntariado

Comunicación en lingua de signos española. Nivel básico A1.1 MATRICULA PECHADA

1

30

30

En liña

Do 25 de outubro ao 25 de novembro

Plataforma de FAXPG

4

Voluntariado

Formación en igualdade para a prevención e o afrontamento da violencia de xénero

MATRICULA PECHADA

1

100

20

En liña

Do 1 ao 30 de novembro

Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org

5

Voluntariado

As competencias do voluntariado: Un valor á alza

1

100

20

En liña

Do 2 de novembro ao 2 de decembro

Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org

6

Voluntariado

Curso de voluntariado. Nivel básico

1

200

20

En liña

Do 16 de novembro ao 1 de decembro

Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org

 

/Formaci%C3%B3n%202021