Plan de formación no ámbito da acción voluntaria e do asociacionismo xuvenil 2025
Plan de formación no ámbito da acción voluntaria e do asociacionismo xuvenil 2025
O Plan está conformado por 3 cursos presenciais, 18 cursos en liña e 2 mixtos, cun total de 1.800 prazas.
Os cursos da área de voluntariado oriéntanse á dotación de ferramentas básicas para que, tanto o persoal técnico das entidades de acción voluntaria, como as persoas voluntarias que colaboran ou desexan colaborar con estas entidades, dispoñan dos coñecementos imprescindibles na materia para levar a cabo a súa labor de mellor xeito posible. Nesta ocasión os cursos desta área abarcan, ademais da formación básica en materia de voluntariado, diferentes temáticas coma o deseño e planificación de proxectos, lingua de signos, voluntariado interxeracional na área ambiental, no legado de experiencias e na conservación e enriquecemento do patrimonio lingüístico e cultural galego, cambio climático, idadismo, mellora da convivencia, xestión de equipos de traballo, así como a acción voluntaria no ámbito da educación regrada e do aprendizaxe-servizo.
Con respecto aos cursos da área de xuventude, estes están orientados á formación de profesionais do sector do ocio educativo e tempo libre, de persoal técnico que traballa coa mocidade e da mocidade en xeral. As temáticas dos cursos versan sobre deportes náuticos, primeiros auxilios, oratoria, comunicación efectiva, resolución de conflitos, uso das novas tecnoloxías, inclusión no lecer e formación das persoas delegadas de protección da infancia e da adolescencia.
Poderán participar nas accións formativas convocadas, as persoas maiores de 16 anos que teñan interese en obter coñecementos especializados en materia de acción voluntaria e asociacionismo xuvenil, atendendo ás especificacións que se indican en cada un dos cursos. As prazas outorgaranse por rigorosa orde de inscrición tendo en conta o dito con anterioridade.
Os formularios de inscrición (un por cada curso) estarán dispoñibles no campus en liña da páxina web de Voluntariado (www.voluntariadogalego.org) desde as 10:00 horas do xoves 13 de febreiro. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata cubrir as prazas ofertadas en cada un deles.
Para acceder á plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org, o alumnado que xa solicitara inscrición con anterioridade, deberá introducir o seu nome de persoa usuaria e contrasinal para solicitar a matrícula nos cursos que desexe.
As persoas que accedan por primeira vez e aínda non teñan conta de persoa usuaria creada nesta plataforma, terán que creala antes de solicitar praza (consultar manual do alumnado colgado no campus en liña).
É importante que, á hora de realizar a inscrición nun curso, a persoa indique se forma parte dalgunha entidade de acción voluntaria, de ocio educativo ou de tempo libre e se está en posesión dos correspondentes títulos oficiais de monitorado de tempo libre. Deben especificarse estes datos no apartado "outros datos", dentro do perfil da persoa usuaria.
Ligazón á plataforma de teleformación de voluntariadogalego.og
| Plan de formación anual da Dirección Xeral de Xuventude 2025 | |||||||
| Área | Título | Número de Prazas | Horas | Lugar de realización | Modalidade | Datas de realización e horarios | Persoas destinatarias | 
| Voluntariado | Voluntariado ambiental interxeracional: defensa e coidado do patrimonio natural de Galicia | 100 | 25 | Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org | Mixta (20 horas en liña e 5 presenciais) | Do 3 de marzo ao 5 de abril Xornada presencial en horario de 10:00h a 15:00h: *15 de marzo Parque Natural de Monte Aloia * 22 de marzo Parque Natural do Complexo dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán *29 de marzo Parque Natural Baixa Limia – Serra do Xurés *5 de abril LIC Parga-Ladra-Támoga | Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia | 
| Voluntariado | Comunicación en lingua de signos española. Nivel básico A1.1 | 30 | 30 | Plataforma de teleformación de FAXPG | En liña | Do 6 de marzo ao 10 de abril | Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia | 
| Voluntariado | Curso de voluntariado. Nivel básico | 200 | 20 | Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org | En liña | Do 17 de marzo ao 21 de abril | Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia | 
| Xuventude | Formación para persoas delegadas de protección da infancia e da adolescencia no ámbito do tempo libre | 30 | 24 | Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org | Mixta (20 horas en liña e 4 presenciais) | Do 20 de marzo ao 21 de abril (pendente determinar data da xornada presencial ) | Profesionais do tempo libre e persoal técnico que traballa coa mocidade | 
| Xuventude | Comunicación efectiva e bo trato no tempo libre | 50 | 20 | Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org | En liña | Do 24 de marzo ao 24 de abril | Profesionais do tempo libre e persoal técnico que traballa coa mocidade | 
| Voluntariado | Voluntariado ambiental: accións fronte ao cambio climático | 100 | 20 | Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org | En liña | Do 2 de abril ao 2 de maio | Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia | 
| Voluntariado | Voluntariado interxeracional: o beneficio social do legado de experiencias a través do voluntariado | 100 | 20 | Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org | En liña | Do 7 de abril ao 7 de maio | Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia | 
| Voluntariado | Aprendizaxe-servizo. Metodoloxías para a mellora da acción voluntaria | 100 | 20 | Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org | En liña | Do 22 de abril ao 22 de maio | Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia | 
| Xuventude | Resolución de conflitos en grupos xuvenís | 30 | 20 | Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org | En liña | Do 23 de abril ao 23 de maio | Profesionais do tempo libre e persoal técnico que traballa coa mocidade | 
| Voluntariado | Deseño, xestión, avaliación e xustificación de proxectos orientado á solicitude de subvencións na área da acción voluntaria | 100 | 20 | Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org | En liña | Do 28 de abril ao 28 de maio | Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia | 
| Xuventude | Iniciación aos deportes náuticos no eido do tempo libre: vela e windsurf | 15 | 65 | Albergue Xuvenil As Sinas | Presencial | Do 1 ao 4 e do 9 ao 11 de maio Horario: *Días 1, 2, 3 e 4 de maio de 09:00h a 14:00h e de 16:00 a 21:00h *Día 9 de maio de 16:00h a 21:00h *Días 10 e 11 de maio de 09:00h a 14:00h e de 16:00 a 21:00h | Mocidade de 18 a 30 anos e profesionais do tempo libre | 
| Voluntariado | Idadismo interxeracional e acción voluntaria | 100 | 20 | Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org | En liña | Do 5 de maio ao 5 de xuño | Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia | 
| Voluntariado | Voluntariado interxeracional: a súa contribución á conservación e enriquecemento do patrimonio lingüístico e cultural galego | 100 | 20 | Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org | En liña | Do 30 de maio ao 30 de xuño | Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia | 
| Voluntariado | Comunicación en lingua de signos española. Nivel básico A1.1 | 30 | 30 | Plataforma de teleformación de FAXPG | En liña | Do 11 de setembro ao 16 de outubro | Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia | 
| Xuventude | Uso seguro e responsable das novas tecnoloxías de información e comunicación | 50 | 20 | Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org | En liña | Do 15 de setembro ao 15 de outubro | Mocidade de 16 a 30 anos e profesionais do tempo libre | 
| Voluntariado | Curso de voluntariado. Nivel de especialización de carácter xenérico | 200 | 20 | Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org | En liña | Do 17 de setembro ao 17 de outubro | Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia | 
| Xuventude | Iniciación aos deportes náuticos no eido do tempo libre: caiac e paddlesurf | 20 | 25 | Albergue Xuvenil As Sinas | Presencial | Do 3 ao 5 de outubro Horario: *Día 3 de outubro a partires das 15:30h *Días 4 e 5 de outubro ata as 20:00h | Mocidade de 18 a 30 anos e profesionais do tempo libre | 
| Xuventude | Oratoria. Como falar en público | 25 | 20 | Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org | En liña | Do 6 de outubro ao 6 de novembro | Mocidade de 16 a 30 anos | 
| Voluntariado | A mellora da convivencia e dos conflitos en contextos multiculturais a través da acción voluntaria | 100 | 20 | Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org | En liña | Do 10 de outubro ao 10 de novembro | Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia | 
| Xuventude | Primeiros auxilios básicos | 20 | 20 | Albergue Xuvenil Marina Española | Presencial | Do 17 ao 19 de outubro Horario: *Venres 17 de 16:00h a 21:00h *Sábado 18 de 09:00h a 14:00h e de 16:00h a 21:00h *Domingo 19 de 09:00h a 14:00h | Profesionais do tempo libre e persoal técnico que traballa coa mocidade | 
| Voluntariado | Formación e xestión de equipos de traballo nas entidades de voluntariado | 100 | 20 | Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org | En liña | Do 21 de outubro ao 21 de novembro | Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia | 
| Xuventude | Inclusión no lecer educativo. Recursos para a boa práctica | 100 | 20 | Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org | En liña | Do 3 de novembro ao 3 de decembro | Profesionais do tempo libre e persoal técnico que traballa coa mocidade | 
| Voluntariado | Recursos para traballar o voluntariado no ámbito da educación regrada | 100 | 20 | Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org | En liña | Do 5 de novembro ao 5 de decembro | Preferentemente persoal dos centros docentes participantes no Plan Proxecta no ámbito do voluntariado e persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia | 
 
 