PROGRAMA DE VOLUNTARIADO AMBIENTAL INTERXERACIONAL 2021

Queres participar nun proxecto de voluntariado na comunidade autónoma de Galicia?
Tes interese por coñecer e preservar a nosa biodiversidade e espazos naturais?
Non perdas esta oportunidade!

Pechada a inscrición por esgotarse as prazas dispoñibles e completarse as listas de reserva. Para o caso de que estas últimas se esgoten nalgunha acción, abrirase un novo prazo de inscrición a través desta web. 

se o grupo de persoas apuntadas nunha actividade excede do máximo permitido para cada zona, pasarán a unha lista de reserva para o caso de que queden prazas vacantes.

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, vén de poñer en marcha, para 2021, un novo programa de voluntariado ambiental, de carácter interxeracional e totalmente gratuíto para as persoas voluntarias, que se desenvolverá durante as fins de semana entre os meses de maio e setembro. O obxectivo desta iniciativa é favorecer a protección e conservación do medio ambiente, incidindo desde unha perspectiva de sensibilización e educación ambiental.

Están programadas 20 actividades con 228 prazas nos seguintes espazos naturais:

  • Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia: lla de Ons

  • Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia: Illas Cíes

  • Parque Nacional marítimo-terreste das Illas Atlánticas de Galicia: Illa de Cortegada

  • Parque Nacional marítimo-terreste das Illas Atlánticas de Galicia: Illa de Sálvora

  • Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán

  • Parque Natural O Invernadeiro

  • Parque Natural Serra da Enciña da Lastra

  • Parque Natural Monte Aloia

  • Parque Natural Fragas do Eume

  • Parque Natural e Reserva da Biosfera de Baixa Limia-Serra do Xurés

  • Reserva da Biosfera Terras do Miño Mondoñedo

  • Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

  • Reserva da Biosfera Eo, Oscos e Terras do Burón Ribadeo

  • Xeoparque de O Courel

  • ZEC Ancares-Courel

  • ZEC Canón do Sil

 

 

Nestes espazos, as persoas voluntarias desenvolverán actividades de apoio na:

- Preservación, limpeza e conservación nos espazos naturais sinalados

- Investigación (catalogación de flora e fauna de Galicia)

- Sensibilización e formación en materia de medio natural

 

O programa desenvolverase con todas as garantía de seguridade e saúde fronte a Covid-19, polo que as prazas serán limitadas a 10 ou 12 persoas por acción, en función das quendas sinaladas no cadro adxunto, ofrecéndose un total de 228 prazas. A Xunta de Galicia cubrirá os gastos de desprazamento (autobús e/ou barco), manutención, aloxamento, seguros e actividades formativas, a partir do punto de encontro en Santiago de Compostela, na parada de autobuses que hai diante da estación de tren. Cada participante deberá levar os útiles de aseo persoal e toalla así como calzado e roupa axeitada para actividades ao aire libre.

Os requisitos de participación serán os seguintes:

- Ter 18 anos cumpridos.

- Residir na comunidade autónoma de Galicia.

- Cumprimentar o formulario de participación na web de voluntariado (www.voluntariadogalego.org).

 

As persoas voluntarias poderán participar nunha, algunhas, ou en todas as accións programadas. A selección realizarase por rigoroso orde de inscrición. En todo caso, se o grupo de persoas apuntadas nunha actividade excede do máximo permitido para cada zona, pasarán a unha lista de reserva para o caso de que queden prazas vacantes.

 

Máis información en:

erasmus.xuventude@xunta.gal

881 999 567

voluntariado@xunta.gal

Teléfono Solidario 900400800

Pechada a inscrición por esgotarse as prazas dispoñibles e completarse as listas de reserva. Para o caso de que estas últimas se esgoten nalgunha acción, abrirase un novo prazo de inscrición a través desta web. 

CALENDARIO

2021

Espazo natural

Aloxamento

Prazas

Días 7, 8 e 9 de maio

Xeoparque de O Courel

Albergue Folgoso do Courel

Concello de Folgoso do Courel

12

Días 14, 15 e 16 maio

Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia
lla de Ons

Instalacións do PN

Illa de Ons

10

Días 21, 22 e 23 de maio

Reserva da Biosfera Terras do Miño
Mondoñedo

Seminario Santa Catalina

Concello de Mondoñedo

12

Días 28, 29 e 30 maio

Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán

Hotel Áncora

Concello de Ribeira

12

Días 4, 5 e 6 de xuño

Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia
Illas Cíes

Instalacións/tendas do PN

Illas Cíes

12

Días 11, 12 e 13 de xuño

Parque Natural O Invernadeiro
Vilariño de Conso

Albergue Vilariño de Conso

Concello de Vilariño de Conso

12

Días 18, 19 e 20 de xuño

Reserva da Biosfera Eo, Oscos e Terras do Burón
Ribadeo

Campamento xuvenil A Devesa

Concello de Ribadeo

12

Días 25, 26 e 27 de xuño

Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

Albergue de Gandarío

Concello de Bergondo

12

Días 25, 26 e 27 de xuño

Parque Nacional marítimo-terreste das Illas Atlánticas de Galicia
Illa de Cortegada

Pensión Derby

Concello de Vilagarcía

10

Días 2, 3 e 4 de xullo

ZEC Ancares-Courel

Mesón Novo

Concello de Cervantes

12

Días 16, 17 e 18 de xullo

ZEC Canón do Sil

Hotel Condes de Lemos

Concello de Monforte de Lemos

12

Días 23, 24 e 25 de xullo

Parque Natural Serra da Enciña da Lastra

Casa Chao do Prao

Concello de Rubiá

12

Días 30,31 de xullo, 1 de agosto

Parque Natural e Reserva da Biosfera de Baixa Limia-Serra do Xurés

Albergue O Corgo

Concello de Muíños

12

Días 13, 14 e 15 de agosto

Parque Natural Monte Aloia

Pensión La Corredera

Concello de Tui

12

Días 20, 21 e 22 de agosto

Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.
Illas Cíes

Instalacións/tendas do PN

Illas Cíes

12

Días 27, 28 e 29 de agosto

Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.
Illa de Sálvora

Instalacións do PN /Sálvora

Illa de Sálvora

10

Días 3, 4 e 5 de setembro

Parque Nacional marítimo-terreste das Illas Atlánticas de Galicia
Illa de Cortegada

Pensión Derbi

Concello de Vilagarcía

10

Días 10, 11 e 12 de setembro

Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia
Illa de Sálvora

Instalacións do PN

Illa de Sálvora

10

Días 10, 11 e 12 de setembro

Parque Natural Fragas do Eume

Albergue de Gandarío

Concello de Bergondo

12

Días 24, 25 e 26 de setembro

Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia
Illa de Ons

Instalacións do PN

Illa de Ons

10

Total

20 actividades

 

 

228

/CARTEL