Programa de voluntariado ambiental interxeracional VAI 2024

Programa de voluntariado ambiental interxeracional VAI 2024

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, xunto coa de Medio Ambiente e Cambio Climático, convocan, un ano máis, o programa de Voluntariado Ambiental Interxeracional 2024 en 10 espazos naturais de Galicia. Nesta iniciativa, na que se realizan actividades que impulsan o respecto e o coidado do patrimonio natural galego, ofrécense 130 prazas e a participación é totalmente gratuíta.

Nesta cuarta edición serán un total de 10 actuacións, as que se levarán a cabo durante as fins de semana de xullo a setembro, nos seguintes espazos naturais:

- Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán

- Parque Natural Serra da Enciña da Lastra

- Parque Natural Monte Aloia

- Parque Natural Fragas do Eume

- Parque Natural O Invernadeiro

- Parque Natural e Reserva da Biosfera de Baixa Limia-Serra do Xurés

- Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia – Illa de Sálvora

- Parque Nacional marítimo-terreste das Illas Atlánticas de Galicia Illa de Cortegada

- Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia lla de Ons

- Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia Illas Cíes

En cada unha delas, as actividades das persoas voluntarias participantes centraranse na preservación, limpeza e conservación destes espazos, eliminación de lixo de praias, rios e montes, sensibilización, coñecemento dos ecosistemas, visibilización mediática de rutas e análise de todas aquelas actuacións con posible incidencia no medio natural continental desde un punto de vista técnico, detectando os distintos efectos e/ou impactos ambientais.

Prazo de inscrición

O prazo de inscrición comezará o 17 de xuño.

Pechada a inscrición por esgotarse as prazas dispoñibles e completarse as listas de reserva. Para o caso de que estas últimas se esgoten nalgunha acción, abrirase un novo prazo de inscrición a través desta web.

A Xunta de Galicia cubrirá os gastos de desprazamento (transporte desde Santiago de Compostela no caso dos Parques Naturais e barco no caso dos Parques Nacionais), manutención, aloxamento, seguros e actividades formativas.

Para ampliar as posibilidades de participación das persoas interesadas, cada persoa voluntaria poderá anotarse en dúas accións como máximo.

Se o grupo de persoas inscritas nunha actividade excede do máximo permitido para cada zona, a selección realizarase por rigorosa orde de inscrición.