Publicada a orde pola que se regulan as bases que rexerán a concesión das subvencións ás entidades de acción voluntaria de carácter privado (código de procedemento BS508B).
Publicada a orde pola que se regulan as bases que rexerán a concesión das subvencións ás entidades de acción voluntaria de carácter privado (código de procedemento BS508B).
A Xunta de Galicia vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a convocatoria pola que se regulan as bases que rexerán a concesión das subvencións ás entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento BS508B).
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
 
 