Relación de cursos de voluntariado con prazas vacantes e dos que se reabre a inscrición

Unha vez revisadas as matrículas realizadas ao longo desta mañá, procedemos a reabrir novamente, e ata cubrir prazas, a inscrición dos cursos que se enumeran a continuación:

1.- CURSO DE VOLUNTARIADO NIVEL BÁSICO
2.- A ACCIÓN VOLUNTARIA EN SITUACIÓNS DE EMERXENCIA (Cubertas xa as prazas vacantes)
3.- NOVAS TECNOLOXÍAS COMO FERRAMENTAS PARA PERSOAS VOLUNTARIAS
4.- VOLUNTARIADO E TRANSFORMACIÓN SOCIAL
5.- APRENDIZAXE REFLEXIVA A TRAVÉS DA ACCIÓN VOLUNTARIA
6.- EDUCACIÓN E VOLUNTARIADO AMBIENTAL (Cubertas xa as prazas vacantes)

**ALUMNADO XA INSCRITO NO CAMPUS EN LIÑA: novo acceso ao panel (Lembra que debes matricularte aos cursos a través do panel de alumno premendo no espazo "suscrición a outros cursos on line").

**ALUMNADO NOVO, NON INSCRITO NO CAMPUS EN LIÑA (Debes cubrir a ficha dun dos cursos nos que queiras matricularte, ir ao teu correo e validar a ligazón que che envía a plataforma. Unha vez que te demos de alta como alumna/no na plataforma terás que entrar coas túas claves ao campus e matricularte aos cursos dende o panel de alumna/o).