SORTEO DÍA INTERNACIONAL DO VOLUNTARIADO 2022

Hoxe, Día Internacional do Voluntariado, poñemos en valor a enorme forza da acción voluntaria en Galicia: case 1.100 entidades e máis de 50.000 persoas que agasallan o seu tempo e tenden unha man a quen máis o necesita. Con gran xenerosidade, sen pedir nada a cambio.

Anímate a visibilizar esta efeméride participando no sorteo na nosa conta de Instagram (@voluntariadogalego), no que traemos 10 packs especiais de voluntariado:  

Como podes facerte con un? 

1️⃣  Sigue a @voluntariadogalego 

2️⃣  Dalle o teu like á publicación  

3️⃣  E cóntanos en comentarios que tipo de voluntariado fas e en que entidade colaboras. Menciona un/unha amigo/a e engade o cancelo #EuSonVoluntariado

 

📆Participa ata o 30 de decembro ás 15h.

 

Consulta as bases do sorteo en descargas.